25/5/09

Los chivos expiatorios... de Reagan... del nacionalismo... ejemplos de miseria moral

(traductor gallego-español)

"Žižek recurre á figura construída pola dereita norteamericana da “Raiña da beneficiencia”. O goberno Reagan utilizou esta caricatura —a nai solteira, negra e de clase baixa que, en lugar de loitar por mellorar a súa posición, se aproveitaba dos servizos sociais pagados polos sufridos contribuíntes americanos— para xustificar as políticas de supresión do Estado Social. (...)

«La lucha por la hegemonía ideológico-política —continúa Žižek— es, por tanto, siempre unha lucha por la apropiación de aquellos conceptos que son vividos “espontáneamente” como “apolíticos”, porque trascienden los confines de la política”» (David Rodriguez: Slavoj Žižek e nós (ou por que estamos a perder a batalla do idioma. Vieiros, 24/05/2009)

#32 hai 8 horas e 29 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -9 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

Zizek falo dunha táctica dos ricos que sempre da resultado, "os pobres roubannos", a táctica feixista do chivo expiatorio:

Antes o Reagan co eslogan "negra-xoven-nai solteira-subsidiada" pra acabar coas axudas sociais. E gañar todo o voto branco. E manter privatizado a sanidade, etc...

Hoxe os nacionalistas cataláns e vascos co eslogan "galegos/extremeños-subsidiados-rouban a Cataluña", pra "territorializar" o estado de benestar feito tamén polos galegos.

Como Ros Hombravella acusando as pensións dos mineiros asturianos de roubarlles aos mallorquins. Ou o secretario xeral de UGT catalana, calculando que todo traballador galego débelle 23 euros aos tragalladores cataláns (enlaces ao final)

Igual que hoxe Berlusconi coa "xitana-ladrona-rouba os nenos" pra gañar o voto da clase media.

E en xeral os capitalistas... para quen as pensións, as prestacións do paro son roubos aos seus beneficios, e por iso queren convencernos de que os pobres son "desechables", un gasto improductivo.

Para privatizar o estado do bienestar, cos votos da clase media asustada (o Aznar, o Berlusconi) con moito mais éxito do que parece.

Exito total no caso dos nacionalistas cataláns e vascos. A súa miseria moral non encontra respostas... alomenos en Galicia. E queren quitarnos as pensions... a miseria moral dos ricos (americanos, italianos, vascos, catalanes... ricos)

Enlace ao Ros Hombravella:

http://nacionalismodeandarporc...

Enlace aos 23 euros que debemoslle ao secretario xeral da UGT catalana:

http://nacionalismodeandarporc...

#6 hai 1 dia Clausewitz
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

Žižek no seu libro trata o papel que a tolerancia multicultural xoga en relación á despolitización actual da economía, xa sexa na forma do

desmantelamento do estado social ou da asunción, tras o desastre
comunista, de que o capitalismo está aquí para quedar.

Segundo Žižek, o multiculturalismo normativo —coas súas querelas, tanto
no nivel teórico como político, entre liberais, comunitaristas,
defensores das políticas do recoñecemento, fundamentalistas, etc.—
supón non só un desprazamento da atención dende cuestións
estruturais cara a cuestións meramente culturais senón que é, de
feito, a fachada ideolóxica da despolitización actual da
economía.

Pois ben, que función xogan as reivindicacións identitarias en
este proceso de desactivación da política? Segundo Žižek, unha función
perfectamente lexitimadora do statu quo económico:

1. A política identitaria postmoderna dos estilos de vida particulares (étnicos, sexuais, etc.) adáptase perfectamente á idea da sociedade despolitizada, desa sociedade que "ten en conta" a cada grupo e lle confire o seu propio status (de vítima) en virtude das discriminacións positivas e doutras medidas ad hoc que haberán de garantir a xustiza social. Resulta moi significativo que esta xustiza ofrecida ás minorías convertidas en vítimas precise dun complexo aparato policial (que serve para identificar aos grupos en cuestión, perseguir xudicialmente ao que viola as normas que lles protexen —como definir xuridicamente o acoso sexual ou o insulto racista? etc. —. prover o trato preferencial que compense a inxustiza sufrida por eses grupos): o que se celebra como "política postmoderna" (tratar reivindicacións específicas resolvéndoas negociadamente no contexto "racional" da orde global que asigna a cada parte o lugar que lle corresponde), non é, en definitiva, senón a morte da verdadeira política.

2. Un grupo fundamentalista pode adoptar doadamente, no seu funcionamento social, as estratexias postmodernas da política identitaria e presentarse como unha minoría ameazada que tan só loita por preservar o seu estilo de vida e a súa identidade cultural. A liña de demarcación entre unha política identitaria multicultural e o fundamentalismo é, polo tanto, puramente formal; a miúdo, só depende da perspectiva dende a que se considere un movemento de defensa dunha identidade de grupo.

3. Todo ese discurso sobre esas novas formas da política que xorde por todas as partes en torno a cuestións particulares (dereitos dos homosexuais, ecoloxía, minorías étnicas...), toda esa incesante actividade das identidades fluídas, oscilantes, das múltiples coalicións ad hoc en continua reelaboración, etc., todo iso ten algo de profundamente inauténtico e remítenos, en definitiva, ao neurótico obsesivo que ben fala sen cesar ben está en permanente actividade, precisamente co propósito de asegurarse de que algo —o que importa de verdade— non sexa molestado e siga inmutable.

#54 hai 4 horas e 39 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -8 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#6 clausewitz, moi bó comentario. Deso trátase. Exactamente deso. Nas narracións das élites de calquer grupo.

#33 hai 8 horas e 4 minutos Lisboeta [Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Raimundo. (...) Dividir para reinar e semear a discórdia entre os vários nacionalismos. Os argumentos estão a descer de nível o que é um bom sinal. Significa que o conto dos trabalhadores coitadinhos emigrados na catalunha não pegou e o lado espanholista está a vir ao decima. O que vais trazer a seguir, estou curioso!

#34 hai 7 horas e 28 minutos Raimundo[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#33 lisboeta, estou a falar dos ricos, dos Reagan, dos Pujol... e sí, dos que queren dividir aos traballadores...


Ouseña, non falo de coitadiños, fago unha analoxía, tomando a idea e as verbas do Zizek, entre Regan e o nacionalismo dos ricos...

Tomando as palabras dos ricos, que non se cortan un pelo... dino claramente... os galegos somos uns "subsidiados" igualiños ca nai-soltera-negra ¿Ou non?

#36 hai 7 horas e 14 minutos Xarope[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Aproveitemos o trabalho realizado por eles: combatamos o lume com o lume, o fogo com o fogo! Pola "Libertá", polos nossos direitos!!: Nom à Imposiçom do Castelhano!! Derrogaçom do Art. 3.1 da 'Constitución española' JÁ !!!

Libertá!! Libertaz!!

Raimundo #37 hai 6 horas e 53 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -6 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#36 xarope, pois si... xusto o que quere o Feijoo9.


As narracións teñen guión. E non poden afastarse da realidade, do recoñecemento racional dela. Unha delas, a provocación, facer co outro caiga na mesma esaxeración do provocador, foi a táctica "narrativa" que deulle a Feijoo9 as eleccións.

a primeira, a de que o castelán está en perigo en Galicia, e unha provocación no que só un neno de cinco ano pode caer. Só gracias a que o Bloque caeu de cheo nela tivo (un absurdo) éxito. Non hai mais.

O absurdo non require narración, require humoristas que esaxerando mais, volvan o relato inflado a realidade. E morre o conto. Pero na UPG non sobra a ironía precisamente.

Un pouquiño viriache ben, xarope...

#38 hai 6 horas e 48 minutos bertus [Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Raimundo, o teu discurso é o arquetipo do discurso motaraz, prepotente, desprezador, chulo e elitista do que fala David Rodríguez. Prestemos atención cando di: "Así, o concepto ou grupo de conceptos que ha trunfar na loita será aquel que mellor saiba plasmar nun discurso coherente as experiencias de vida da xente (Un exemplo? Nos anos trinta o discurso do nazismo gañou a batalla ao da esquerda á hora de dar unha saída ás lóxicas preocupacións económicas das persoas creando un chibo expiatorio, o do xudeu-capitalista)".

É dicir o discurso filofascista españolista hogano, como podemos ver en Raimundo, ten de chibo expiatorio (coma os nazis tiñan á nación xudea (capitalista) que vindicaba seus dereitos) aos "nacionalistas ricos", e por orde de riqueza: vascos, cataláns e galegos (estes máis que por ricos por "galleguiños parviños", isto é, por andar a imitar ao "inimigo-a-bater-causante-de-todos-os-males-destructivos-da-España-una-grande-y-libre").

#42 hai 6 horas e 22 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -8 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#38 bertus, home, cando o mandamás da UGT catalana dí que os españois (os pobres, os galegos, os extremeños) debemoslles aos catalans uns euriños polos servicios prestados; cando un home de prestixio, Hombravella, dí que as pensions dos mineiros asturianos fan a Mallorca unha economía "colonial ¿que queres que che diga?


Pareceme unha narración... pois... colonial. A de ricos e pobres. Ouseña: gallego de Lugo subsidiado --> atrasado y quejica, que nunca saldra de la pobreza --> empobrece a los catalanes, adelantados y emprendedores.

Se non é igualiña ca de Reagan, sí, ca dos xudeus... ti me diras. Quen é o chivo expiatorio... Nós. (enlaces do Hombravella e do da UGT, no comentario -mal valorado polos leitores- #32)

#41 hai 6 horas e 24 minutos Lisboeta [Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Raimundo, »Tomando as palabras dos ricos, que non se cortan un pelo... dino claramente... os galegos somos uns "subsidiados" igualiños ca nai-soltera-negra ¿Ou non?«

Os argumentos que os catalães utilizem na sua luta são um problema deles mas entendo a tua preocupação, vai ser um grave problema quando a Catalunha saír do redil, onde vão estar os fundos para pagar todo o cipariado? Um verdadeiro problema que pode vir a desmontar o pequeno império. Temos que pôr esses malandros dos catalães na ordem não é? Obviamente que a tua analoxia da pobrinha "nai-soltera-negra" têm como único objectivo antagonizar os galegos contra os catalães! Mas acho que os galegos são mais inteligentes do que pensas e ao invés de de disporem contra eles irão certamente copiá-los!

Quanto ao teu argumento de que »#36 xarope, pois si... xusto o que quere o Feijoo9.« está clarinho para todos é que na tua opinião a melhor forma de responder a uma provocação (que foi real) não é dar-lhe resposta mas sim aceitá-la como boa e não fazer nada, brilhante!

Só tenho que elogiar o teu sangue frio, és um bom soldado! O que te deves divertir quando mandas as mensagens :)

#52 hai 4 horas e 55 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -7 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#41 lisboeta, sí, gostame comentar en Vieiros. Aprendo moito. Pero non che estou de guardia na garita ferrolá. Navego.


A independencia catalá seria benvida. Co GPS controlariamos o transporte por carretera, e gravarimalo ata que as empresas catalas viñeran a Galicia.

O perigo para Galicia sería outro concerto vasco, pero en Cataluña, porque enton farían outras vacacions fiscais catalanas, e moitas empresas galegas liscarian pra Cataluña ¿Entendelo conto?

Unha narración ben clariña. A da clase nacionalista catalana. Toda a narración das "balanzas fiscais" é unha narración nese senso. A de presentar aos cataláns explotados polos "subsidiados" (galegos, extremeños, asturianos), pasando por riba o feito de que, nese senso, é Madrid a mais explotada por nos, os pobriños subsidiados. (abaixo un enlace cun repositorio sobre as balanzas fiscais)

¿E que hai que facer co galego? Pois o que ten que facer o PSOE coas declaracións de Rajoy apoiando ao Camps. Di que o PSOE e unha inquisición. Faino nun sitio importante. E moi arriesgado ese mensaxe. Está desesperado.

Só podes contestar con humor, ou empezará a colar o do PSOE-Inquisición. Poden decir que porque os da Inquisición non daban traxes a medida, senón albornoces a eito. E seguir con chistes do traxe en todalas intervencións do partido nesta semań.

Hasta que a esaxeración acabe con él.

Enlace as noticias sobre as balanzas fiscais:

http://nacionalismodeandarporc...

#56 hai 3 horas e 54 minutos Lisboeta [Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Raimundo, Os balanços fiscais são muito enganadores. Regiões como Madrid podem ter mais rendimento nominal, porque para elas afluem empresas de todo o lado apenas por ser capital e aí instalam as suas sedes, mesmo que a produção seja feita noutro sítio. Se Madrid deixasse de ser capital das CA muitas empresas voltariam às CA de origem e estas aumentariam o seu PIB nominal.

A redistribuição da riqueza e dos impostos é justa, afinal é o que acontece com os fundos europeus, por exemplo os alemães pagam mais impostos para redistribuição mas também são os primeiros beneficiados em termos comerciais.

O problema não está no mecanismo dos impostos em si, mas naquilo que é exigido em troca! A UE não tenta impor uma língua única ou cultura única muito pelo contrário, incentiva a preservação das culturas locais.

Se a Espanha fizesse o mesmo que faz a UE tudo seria diferente, acontece que que não é esse o caso. O preço da redistribuição da riqueza é feito à custa da venda da alma cultural. Tem alguma dúvida que se a Galiza dialogasse directamente com Bruxelas o desenvolvimento seria igual ou superior sem ter que vender a língua (por exemplo)?

O exemplo que deste (as empresas galegas fugirem para a catalunha) é um bom exemplo do síndroma de estar fechado em quatro paredes? Porque fugiriam para a Catalunha se podiam manter-se na Galiza e fazer acordos com empresas Lusófonas e alcançar para além do mercado espanhol, o mercado português e o lusófono em que o Brasil com os seus 190 milhões não é uma irrelevância ...

#59 hai 1 hora e 55 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

#56 lisboeta, dis, e ben, que: "A redistribuição da riqueza e dos impostos é justa, afinal é o que acontece com os fundos europeus, por exemplo os alemães pagam mais impostos para redistribuição mas também são os primeiros beneficiados em termos comerciais".

Alemania ou Cataluña, País Vasco, Madrid, son os beneficiados últimos de pagar mais impostos pra que todos teñamos os mesmos hospitais, os campesiños de Lugo e os inxeñieiros de Madrid ou Barcelona.

Non é iso a narración oficial do catalanismo. É a de que roubamoslles os galegos un nivel de vida mellor. Dinno clariño, clariño... é a súa narración.

A de Madrid é a misma, con variantes. Os campesinos galegos impidellen aos amiguiños de Aznar ter uns hospitais privados caralludos.

O mesmo feito, distintas verbas (privatización, territorialización).

Se Galicia dialogase con Bruselas, ninguén faríalle caso. A cousa non variaría.

E as empresas fuxirian pra Cataluña, do mesmo xeito que empresas da Rioja e Santander fuxen ao País Vasco. Polos menores impostos. Polo que moita xente matriculaba os coches en Navarra porque os impostos eran menores.

E dende Barcelona se espallarían por todo Brasil, e medio mundo. Porque hoxe non hai paredes, hay fuga de empresas.

En cambio coa independencia catalana (¡que a vexamos pronto! Pero non ha de sere) as empresas fuxirian de ali se o transporte desas empresas fora gravado (esaxeradamente)... rapidiño.

#58 hai 2 horas e 28 minutos Ofunambulista [Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Botando man de Zizek tratei de expor como en democracias liberais como a española as clases dominantes necesitan revestir a súa ideoloxía de tal xeito que esta sexa aceptable para as clases (e as nacións) dominadas. Ese é o motivo, entendo eu, de que Zizek escriba que as ideas dominantes non son directamente as da clase dominante. De ser así, as clases dominantes nunca apelarían á “liberdade” ou á “non imposición” (termos que, se ben por si só resultan bastante neutros, son, non obstante, portadores dunha clara carga emancipadora), senón que apelarían directamente á forza e ao “porque me dá a gana”. Cuestión aparte é que, acompañando a esta retórica liberadora, haxa mecanismos de poder (económico, mediático, xudicial) que leven a cabo de forma efectiva o que o discurso só suxire.

Lembraba Celso a Lakoff. Aínda que o que digo no artigo recorde a Lakoff, non é directamente Lakoff. Efectivamente Lakoff non explica (si explica, pero o fai botando man de figuras psicanalíticas tipo pai autoritario/ pai protector na miña opinión pouco convincentes) por qué as persoas prefiren certas narrativas en detrimento de outras. O caso de Zizek é, creo eu, diferente, xa que éste nunca perde de vista a base material subxacente a toda hexemonía ideolóxica. Neste sentido, que o españolismo (por empregar un termo que saíu) sexa omnipresente, débese, evidentemente, a que está asociado a poderes económicos. O cal non debería impedir que nós pensemos como contrarrestar en todas as frontes (tamén nas do discurso ideolóxico) ese españolismo.

Algún comentario fixo mención a que carecemos de grandes medios para espallar o noso discurso. É obvio. Pero, na miña opinión, aínda temos unha tarefa previa por facer: crear un argumentario anti-hexemónico que poida ser utilizado por todos aqueles/as que, sentindo simpatía polo galego, non saben moi ben como conter —nas súas relacións diarias, no seu traballo, no seu lecer— a apisonadora ideolóxica española. Esta tarefa de resistencia non fará que avancemos moito nun primeiro momento, pero de ser efectiva, conseguirá que non haxa máis desercións para a nosa causa. Co cal estaremos en mellor posición de avanzarmos en tempos futuros.

Outro comentario aludía ao anti-multiculturalismo de Zizek para cargar, ou iso me pareceu, contra o nacionalismo galego. É certo que Zizek é moi crítico coas políticas identitarias posmodernas, pero non porque vexa problemático afirmar unha identidade concreta —ben ao contrario, xa que non deixa de falar do paradoxo do singular-universal, do contido particular (sexa a clase obreira na revolución rusa, o Terceiro Estado na revolución francesa, ou o emprendedor na revolución neocon) que ocupa o lugar do universal (sexa a humanidade, a nación ou o electorado)— senón porque entende problemático apelar a un universo de identidades tratadas en pé de igualdade, unha especie de carnaval das identidades onde todas e cada unha son dignas de igual respecto independentemente do seu contido. Efectivamente, esta política da diferenza pola diferenza é perfecta para o capitalismo. Cada compartimento estanco (homosexuais, negros, xóvenes, etc.) coas súas infinitas combinacións (xoven-lesbiana-de clase media-amante dos cans) supón un nicho de mercado a colmar. Esta lóxica absurda que sostén a igualdade sempre e en todo caso é a mesma que leva a falar de bilingüismo harmónico (cordial na versión feixonesca) cando calquera lingüista —incluso o ínclito Anxo Lorenzo— sabe que o bilingüismo é a fantasía creada polo que non quere admitir o real da diglosia. Nunca hai convivencia perfecta entre dúas linguas. Como nunca hai convivencia perfecta entre as identidades. Sempre unha prima sobre a outra; dirimimos, no noso caso, cal delas, a galega ou a castelá, debe primar.

Grazas polos comentarios. Estou feliz de ver que a lingua galega xera todo este debate. Hai futuro.

#60 hai 1 hora e 38 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

#58 ofunambulista, crear un argumentario anti-hexemónico creo que é a intención do artículo. E de moitos dos comentaristas.

Insisto en que ese argumentario ten que basarse na realidade galega. Senón a narración queda en caricatura, que foi o que pasoulle a leitura dos logros do bipartito.

Fixoo moi ben, o PP, provocando, simplemente.

E que a realidade está mais cerca das provocacións do Feijoo9 que dos eslogans do bipartito.

Aquí haiche un millón de galegofalantes que nunca sairon de Galicia. Son os galegos. Os que emigraron foron os galegofalantes.

Pola emigración, hoxe non hai tres millóns de galegofalantes por un de castelánfalantes. A hexemonía é de clase... de número, de todo.

Os cipayos serán hoxe ¿os da Citrën, o "inmigrante castelán" que creou Zara, os mariñeiros indonesios e peruanos? Todolos demais que votaron ao PP sonche totalmente galegos, con xeracións e xeracións nadas na terriña.

E en Ferrol mais. Ningún argumentario que fale de invasores, hexemonico, ou verbas parecidas dille nada a galegos de toda a vida. Nolo entenden. Pensan que falan doutros.

O castelán, en Ferrol fai douscentos anos, en Vigo e a Coruña dende 30 anos e o idioma "enxebre". Se non se ten en conta os sentimentos reais das clases medias "galeguisimas" das cidades, non hai argumentario que valga, nin futuro para o galego...

Non é facil, e non hai tempo... pra erros argumentativos.

#62 hai 4 minutos Celso

David, obrigado polo comentário #58. Alegro-me que não sejas mais um dess@s articulistas que atiram a pedra discursiva e escondem a mão ;-). Ora, estás preparado para os insultos ;-) .

Como não li Zizek, só posso opinar polo que se conta (tu e outras pessoas). Nomeadamente, surge de novo essa crítica ao multiculturalismo, polémica velha se não me falha a memória, que a recomendável Nancy Fraser (sempre cito o mesmo) formula, num artigo de New Left Review, em termos da dialética/conflito entre o reconhecimento (cultural) e a redistribuição (económica). Que a fragmentação dirigida da classe (e outras estruturas) dê lugar a um conjunto potencialmente ilimitado de "identidades" apropriáveis e maleáveis com fins económicos não significa que essas identidades (identificações) não existam. Polo menos, eu não tenho qualquer legitimidade para negá-las. Ainda mais: o seu respeito e proteção não são (não deveriam ser) incompatíveis com a redistribuição económica. Não posso imaginar nada mais longe da utopia libertária do que uma uniformidade das identidades superposta à igualdade económica. Ora bem, é certo que os cantos ao "multiculturalismo" esquecem convenientemente qualquer abordagem materialista. Já sabemos como foram construídas as mulheres, homossexuais, etc., como nichos de mercado e consumo. Mas algum tipo de reação contra isto não deixa de ser choromiqueio por deixar de ser o naturalizado centro do universo (do discurso, do mercado e do consumo): já não só existem os homens brancos heterossexuais de classe meia, e isto deve doer ;-) .

Saúde.

No hay comentarios: