"Jordi Puyol entende aos alemáns,
entende que non queiran ser os cataláns de Europa. En alusión, parece
claro, a que Cataluña, coa súa balanza fiscal negativa -como xa temos analizado aquí-
contribúe a financiar os desmáns das outras comunidades autónomas
españolas, AVE galego incluído. Mentres que os alemáns non están
dispostos a seguir pagando os despilfarros dos PIGS.
Gráfico 1. Contribución neta dos diferentes países á UE.
Recoñecendo que é un titular
brillante -quen tivo, retivo- é falso. Agora, que nos países
periféricos, en particular en España, arrecian as críticas a Alemaña, ou
máis concretamente, á súa presidenta Merkel, por non acceder a
mancomunar as débedas de todos os países da UE, non está demais
recordar, como se recolle no gráfico 1, cál é a contribución neta dos
diferentes países que a integran a UE.
Apréciase como, con moita
diferenza Alemaña é o principal contribuínte. E están dispostos a
seguilo sendo, porque é obvio que unha parte importante da súa balanza
comercial positiva xérase nos restantes países da Unión.
O que non están
dispostos é a seguir soportando que os países do sur, particularmente
España, manteñan un nivel de vida moi por encima das súas posibilidades
reais e que o teñan que pagar os cidadáns alemáns. E que por riba, se
resistan a realizar axustes e que falseen as contas.
Gráfico 2. PIB per cápita por comunidades autónomas en 2011 (España = 100)
Gráfico 3. Contribución neta das comunidades autónomas ao Estado no réxime xeral.
Por moito que insistan os diferentes
gobernos cataláns, a súa posición respecto ao resto de España non é a
mesma que a de Alemaña respecto á UE.
Para empezar, a reivindicación de
Cataluña é deixar de ser contribuínte neto, cando o seu PIB está moi por
riba da media española (gráfico 2).
En segundo lugar, Cataluña é o
terceiro contribuínte neto ao conxunto de España, por detrás de Madrid e
das Illas Baleares (gráfico 3).
En terceiro lugar, Cataluña presenta en
2011 un déficit público do 3,69%, -máis de 1.300 millóns de euros- e
unha débeda pública de 41.778 millóns de euros que equivale ao 20,7% do
PIB catalán, o que a converte na comunidade autónoma máis endebedada de
España.
Evidentemente, Alemaña non é, nin quere ser, a Cataluña de Europa. " (A furada do trasno, 25/06/2012)
Evidentemente, Alemaña non é, nin quere ser, a Cataluña de Europa. " (A furada do trasno, 25/06/2012)



No hay comentarios:
Publicar un comentario