“Bos días, nós temos unha reserva”, dirá, escollendo coidadoso as palabras para non meter a zoca dándolle unha couce ao dicionario. E a continuación escoitará a resposta na boca do encargado: “¿Y a nombre de quién?”. E o galego urbano non entenderá por que teñen que responderlle en castelán se el está falando en galego. Pero todo ten unha explicación.
Ademais, o encargado do establecemento sente a necesidade de dicirlle: “Seica non sabe que aquí tamén falamos castelán? Estes señoritos pensan que non temos mundo ningún”. E do mesmo xeito que o galego da cidade procura practicar o seu galego, o galego do interior esfórzase por utilizar o castelán (...)
En diante e durante todo o tempo que permaneza no hotel, o falante ocasional vivirá unha situación esquizofrénica. El pensa que unha vez identificado como galegofalante diante dos responsables do hotel, debe continuar expresándose en galego con eles. Coa súa familia, non obstante, empregará o castelán como adoita facer decote. Tamén as respostas que recibe da parte dos traballadores da casa son en castelán. Por último, e para acabar de complicar as cousas, os empregados da casa falan galego entre eles. E, agora si, o hóspede non entenderá nada e pensará que mellor tería feito pasando as vacacións en Asturias.
O sentimento de auto-odio non é máis que a manifestación dun profundo complexo de inferioridade." (Xabier Iglesias: Escenas de auto-odio (1). Vieiros, 07/06/2010)
#6 hai 1 minuto Raimundo
O que os nacionalistas chaman auto-odio ten máis nomes... desclasado, envexa social, papanatismo social, o ascensor social... no que moitos queren subir como sexa, deixando na porta a conciencia da súa clase, a conciencia do traballador.
Case todolos emigrantes sofren esa doenza... moitos non dan saido dela... os chamados 'porcos de pé'...
Emigran para facerse ricos, e fano imitando aos ricos... dende sempre.
Dache o mesmo se sae da aldea para Coruña, ou vai para Madrid, Barcelona, Londres ou Zurich.
Pero, ¿entón se un galego imita a un señoriño da Coruña, falando en castelán... é distinto se imita a un señorito catalán, falando catalán?
E se un galego quere 'integrarse' na Coruña ¿é autoodio? E se quere 'integrarse' en Barcelona ¿Nolo é? ¿Cal é a diferenza de falar castelán na Coruña, falar catalán en Barcelona, ou falar francés en París?
¿E o mesmo un médico que só quere facerse rico, e outro que só quere curar, traballando na Seguridade Social?
Cuestión de clase, non só de identidade... sonche os traballadores os que teñen que deixar a súa cultura, as súas costumes, para 'identificarse' cos señoritos dos lugares de arribada.
O que ten complexo de inferioridade, só quere vivir como os ricos, falar, comer, vestir, como eles.... dende os romanos, alomenos...
Este fin de semana estiven pola zona do Areal en Vigo en varios establecementos de hostalaria (bares, hotel,restaurante), tendas,aparcamento,etc e en dous dias en todolos dirixinme en galego os empregados e en nigun sitio me responderon en galego. E facil sentise foraneo na tua propia terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario