25/5/10

Nacionalistas ricos, nacionalistas pobres

(traductor gallego-español)

"O independentismo reflexiona sobre as loitas de liberación nacional. Primeira Linha organiza as XIV Xornadas Independentistas Galegas, nas que participarán cinco dirixentes de Escocia, Galiza, Países Cataláns, Córsega e Porto Rico." (Vieiros, 25/05/2010)

#1 hai 6 horas e 33 minutos Raimundo

¿E que ten que ver Escocia e Cataluña... con Galicia, Corcega ou Puerto Rico? ¿Que teñen que ver territorios ricos... con territorios pobres?

#2 hai 5 horas e 21 minutos nordes

Pa pobre e avergonzado do noso potencial economico xa temos a xente coma ti.
Cando queiras podias ler, ou comparar que non che pido mais, a Galiza con outros territorios tanto dentro coma fora do Estado e verias ata que punto temos potencial.

Só é pobre aquel que agarda polo que lle dean, en vez de buscalo potencial propio.

#3 hai 4 horas e 59 minutos suevinho

Galiza nunca foi un país pobre nen economicamente dependente e inviábel, aínda que Raimundo, Feijóo e Rajoy traballen para iso.

#4 hai 3 horas e 44 minutos galeguzo

#1 Galiza é um país espoliado, não um país pobre.

#5 hai 2 horas e 56 minutos Raimundo

#2, #3, #4 Galicia é un país como todos, expoliado polos capitalistas, polos caciques... e polos capitalistas catalans, vascos e madrileños...

Qué cousas, mira ti...

#7 hai 2 horas e 26 minutos iamesa

#1 Teñen en común que non son ceibes.

#5 Expoliado polos CAPITALISTAS cataláns, vascos... etc. Que non representan nin o 1% da poboación catalá, vasca... Porén, o restante 99%, tamén expoliado e irmáns nosos, coas mesmas preocupacións, queren a liberdade e poder decidir por eles mesmos, sen ter que lle pedir permiso a Madrid ou a Londres para nada.

#9 hai 1 hora e 8 minutos Raimundo

#7 iamesa, os ricos son poucos, e os traballadores, moitos... eiquí, en todalas partes.

E alguns dos traballadores (galegos) votan ao PP, e algúns dos traballadores vascos sonche partidarios de que os territorios ricos (poucos)exploten aos territorios pobres (moitos)...

E despois ven a cultura de cada un...

Mira ti, qué cousas...

#13 hai 5 minutos Nambuangongo

Que há que dinamitar os estados imperialistas até que só fiquem as nações, que há que ver mundo e relacionar-se com pessoas de outras nações oprimidas, para assim compreendermos melhor os nossos problemas, porque as técnicas dos imperialistas nas suas «guerras frias» ou «pax» narcotizante são muito similares.

Uma delas é criar os discursos demagógicos que tu aqui continuamente reproduzes.

Também me parece excelente a eleição dos países colonizados tratados nessa palestra.

E também opino que tu talvez deverias assomar o focinho nelas, que alguma coisa ias aprender do relação povo trabalhador / «senhoritos» exploradores que comum a qualquer sociedade capitalista, mas com o colonialismo adquire características particulares. Também te seria interessante o caso de Puerto Rico, o único no mundo onde o castelhano é o idioma oprimido em vez do opressor.

#15 hai 31 minutos Raimundo

#13 Nambuangongo... pois é o que digo... Puerto Rico é un caso parecido a Galicia, inda que máis sinxelo... explotada polo capitalismo ianqui.

E Galicia explotada polos politicos madrileños as ordes do capitalismo vasco e catalán.

Insisto ¿E que ten que ver Galicia e Puerto Rico co País Vasco, con Cataluña, con Escocia? ¿Que teñen que ver os nacionalismo ricos cos pobres?

#16 hai 7 minutos iamesa

Raimundo...

Como ben dixen, a porcentaxe de capitalistas é ínfima... E ti o recoñeciches. O nacionalismo non é "nacionalismo rico" ou pobre... Por que os independentistas cataláns, que cobran 1000 euros e non chegan a fin de mes son 1000000 veces máis numerosos que os Laportas... E se queren independencia e polo mesmo motivo que o quero eu, que o quere un portoriqueño ou un córsico.

#17 hai 3 minutos Raimundo

#16 iamesa, os ricos son poucos sempre... os poucos viven dos moitos, non ao revés... e pensan sempre que os traballadores estanlle a roubar a súa riqueza...


E despois están os traballadores que votan ao PP, os traballadores cataláns que pensan que os traballadores galegos estanlle a roubar...

O de sempre...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Qué paciencia tienes. Yo no perdería el tiempo con gente que no quiere dialogar ni reconocer lo obvio.