4/3/10

El trilingüísmo vasco

(traductor gallego-español)

"O goberno vasco porá en marcha nas escolas un plan experimental trilingüe. Educación propón un consenso para que o modelo se espalle a todos os centros dentro de tres anos." (Vieiros, 03/03/2010)

#1 hai 16 horas e 59 minutos Raimundo

E nos co Plan Burela ¿que faremos? ¿Estar a copiar o trilingüísmo vasco? E deixar o noso plan, o de Burela.

#2 hai 16 horas e 2 minutos nordes

Noraboa por este proxecto a Lehendakaritza, agardo que poida ser un modelo de convivencia e respeto, coa mesma esixencia o alumnado pa todolas linguas e sin que sufra ningún retroceso o euskera.

Amigo Raimundo, levas falado moitas veces do Modelo Linguistico Burela, supoño que estaras ben informado do dito modelo, e que coñeces A REALIDADE SOCIOCULTURAL BURELESA.

Pa abrilos ollos a soñadores, de todalas ideas, dicir primeiro que naceu tamén como modelo experimental pa convivencia e a tolerancia.

O segundo que é un proxecto promovido entre o Goberno municipal e o PROFESORADO do I.E.S. Monte Castelo, e logo CONSENSUADO entre TODOLOS PARTIDOS POLITICOS, TODOLOS COLECTIVOS SOCIAIS DA VILA (igrexa, garda civil, asociacións de comerciantes, asociacións culturais, cruz vermella e ata comunidade de veciños,etc), é tamén O PROFESORADO DA VILA.

Terceiro, a realidade sociolinguistica do concello. Ai mais dun 80% de galego-falantes, a vila é de orixe mariñeiro (orixes humildes) e historicamente sin un nucleo castelanfalante, pois nos 70' estos representaban <>

O meu ver, atopando realidades sociolinguisticas semellantes e viable aplicalo modelo, mais coñecendo a dinamica das cidades e de vilas cabeceira de comarca na Galiza, a confrontación seria maior e moi belicosa (non falo dos emigrantes ou dos galegofalantes porsuposto) ainda que houbese un alto consenso non se romperia a INTOLERANCIA CASTELANFALANTE.

Rai si coñeces ben Burela xa o sabias, e senon vente un dia o Triskel, saudos.

#5 hai 15 horas e 35 minutos Raimundo

#2 nordes, ¿e non é estupendo ter un modelo? É o que hai que ter... e o de burela pareceme moi bó... modélico...

E claro... nas cidades eche diferente... pero para as cidades non temos outra cousa... co modelo que leva fracasando dende fai 30 anos.

O seu xeito de de facelo, entre todos, é o uneco camiño nas cidades... non pode ser doutro xeito... e os vascos tamén pensan o mismo...

Se temos o modelo, só queda adaptalo as cidades...

Polo menos temos algo, o mais importante... menos mal...

#7 hai 14 horas e 34 minutos Pendelho

Polas características do euskera, se se chegam a reduzir as horas letivas deste, isto pode supor uma ferida mortal para a língua basca.Mas isto aos espanholaços do PPSOE importa-lhes um caralho.

#12 hai 2 horas Raimundo

O trilingúísmo non é para deixar na cuneta ningunha lingua. É para que ningunha das que falen os nenos quede no abandono. Nin o galego, nin o castelán, nin o vasco.

Non como no franquismo, que ¡ala foi o galego!... ou, como hoxe en Cataluña, que ¡alá vai o castelán!.

Co trilingüísmo, ninguen queda sen aprender a súa lingua nai... e por riba, o inglés, porque failles falla aos para o seu futuro.

Hoxe, o bilingúismo non chega. A sociedade pide o inglés. E o inglés non pode quedar nas mans do Feijoo...

Senon noas nosas.

Pero é dificil, moi dificil, o trilingüísmo... pero vital... para poñerse pola altura dos países europeos... bilingúes. Aseque... ¿a copiar aos vascos? Ou a estudar o implante do Plan Burela... mais noso...

No hay comentarios: