"Porén, tanto máis nun tempo como este en que as línguas nacionais precisan inexcusabelmente dun Estado proprio ou dunha instituición estatal que governe nisto con plena independencia, o galego debe dispor do status institucional das linguas oficiais dos Estados, igual que o portugués e sueco ou o francés, o alemán, o italiano e o romanche na Confederación Helvética e o neerlandés, o francés e o alemán en Bélxica. Resulta aberrante e inadmisíbel que nun Estado plurilingue como o español se lle negue ao galego -como ao euskera e ao catalá- a condición de língua estatal e nacional. Como o castelán en Castela, en Galiza a língua propria é o galego. Así, en paz. "
Comentarios al artículo de Camilo Nogueira: Foi alí, no Obradoiro (Vieiros, 29/01/2010)
#1 hai 2 dias Raimundo
Non entendo ben... o de 'se lle negue ao galego -como ao euskera e ao catalá- a condición de língua estatal e nacional'... supoño que o galego como lingua nacional en Galicia... non en Cataluña, nin en Castela...
E en Ferrol, nacional o galego (falado polo 5% dos ferroláns)... e mailo castelán (polo 100%)... e o ferrolán (por todos, todiños, o 105% polo menos).
A nosa tradición, dende fai douscentos anos... ou dous mil... o mais...
Raimundo... en Ferrol, que eu saiba existe unha porcentaxe moito maior dese 5% irrisorio do que falas, máis ben falaria dun 5% de xente que non sabe galego (na súa maior parte militares españois, é dicir xente de fora). Esqueces tamén que en Ferrol, existen freguesías como Doniños, Covas, ou Mandiá onde o lingua galega acada máis do 80% do uso cotían.
Cando falas de "ferrolán" supoño que te refires ao galego falado en Ferrol que evidentemente é o 100%, máis pola mesma en Sevilla non se fala castelán, falase o "sevillano" polo 100% da poboación, tampouco se fala castelán en Burgos, xa que alí falan o burgalés, en Toledo o "toletense" non o castelán, en Medinilla del Campo o "medinocampés" e non o castelán, e digo eu, se ningún aí fala castelán?, entón pra que impoñelo?¿.
O que precisamente di o señor Nogueira é que existe unha imposición, pois nós, galegos, vascos e cataláns temos que aprender o idioma dos castellanos (porque asi o queren eles que son a maioría etnica do estado), sen embargo os castellano non queren nin ouvir falar de galego, vasco e catalán. Non lles imos pedir aos castellanos que aprendan 3 linguas, pero si que polo menos aprendan outra, galego, vasco ou catalán, senon o fan, estarán rexeitando ás nosas culturas, e digo eu, para que estar nun Estado no que se nos marxina??.
Raimundo, ti que tan castellano te cres, recomendoche Soria, sería un lugar idílico para ti, sen galegos, vascos nin catalán. 100% ehjpañol!
#2 Eurico, o sábado Vieiros anduvo caido, por iso contestoche tarde... ben...
En Sevillo o sevillano... ben... en Camariñas, o camariñes...
En Ferrol, os que só falan galego sonche unha minoría (o 5% ou o 20%), como en Cornellá...
E como en Cornellá ¿cal é a imposicion para que os charnegos falen castelan? ¿Cal é a imposiciónpara que falemos castelan os ferrolans, e xa van douscentos, ou dos mil, anos? ¿Cal é a imposicion para que os irlandeses falen inglés?
Calquera, menos a que di Camilo.
E os sorianos non queren falar galego, nin vasco... e os vascos non queren falar galego (e a maioria dos maketos non queren falare o vasco ¿Cal foi a imposicion deses maketos?).
Ben, describes como fala a xente mundo adiante... pois cos seus idiomas locais... ¿Cal é a imposicion que fai que os de Teis non falen galego? A do moi galego Club Financiero de Vigo, a dos patrons...
A mesma imposicion que sofren os de Cornella... a dos patronciños catalans... A imposicion da lingua dos señores en Cataluña, no Pais Vasco, en Galicia... a de Madrid... non a vexo por ningures... a de Feijoo, sí... a de Carod (a mismiña), sí...
O venres, no telediario de Tele5, falaban nun mercado catalan que iban ter que por todolos papeis do peixe en catalán... os comentarios que escoitei dirianche de onde ven a imposicion...
¿Ou non?
Raimundo:
En Ferrol dis que os que só falan galego son unha minoria..,ok, podemos dicir que hai pouca xente monolingue en galego. Evidentemente hai máis monolingues en castelán, porque?, pois porque en Ferrol hai moito militar, e xa se sabe que na Mariña Española, só se poden expresar en CASTELLANO!, como o oes, en CASTELLANO, e aquel galego/vasco/catalán que se ouse a falar galego/vasco ou catalán a algún mando, pode ter 5 dias de sanción...Quen gaña ai?, pois a xente de Madrid, Burgos, Toledo, en definitiva CASTELA, que é a que impón pola FORZA o seu idioma sobre o resto.
Que dis de 200 ou 2000 anos?¿, é evidente que o CASTELLANO, (nin vasco nin catalán) se empezou a impoñer en Ferrol coa chegada de militares españois, -que no comprenden ni quieren comprender esa lengua paleta gallega!-, asi son a gran maioría dos militares españois, e si, instalaronse alí e a impoñer polas armas.
En Galicia, o castellano é un idioma tan extranxeiro como o inglés, o francés ou o chinés!, co agravante de que se OBRIGA e IMPÓN, preguntalle algun militar galego canto galego pode falar alí dentro...preguntalle!.
#28 eurico, fai douscentos anos, ou dos mil, en Ferrol, casar cun mariño era o millor... hoxe, pois serache o mesmo que casar cun funcionario... digo eu. Poderímos preguntarlle as mozas.
Cal é a imposicion hoxe... a mesma ca do inglés en Irlanda.
E en Cornellá, en Barcelona, o castelán dos charnegos, dos galegos... ¿é estranxeiro? ¿A lingua dos traballadores é 'estranxeira'?
E en Ermua, en Bilbao, o castelán dos maketos, dos galegos ¿é 'estranxeiro'? A lingua da maioria dos traballadores vascos ¿é 'estranxeira'?
O castelán dos de teis, dos de Vigo, ¿é imposto?
¿Cal é a imposición que sofren os traballadores de Cornellá, de Barcelona, de Ermua, de Bilbao, de Teis...? Pois a de quen pensa que a sua lingua, o castelán, é... 'estranxeira'...
A imposición do Carod, que pensa que a lingua dos traballadores de Cornellá é estranxeira... o Ibarretxe, que pensa que a lingua dos traballadores de Ermua é 'estranxeira'... os do Club Financiero de Vigo, que pensan que o galego dos traballadores é unha lingua 'estranxeira... esa é a imposición que temos...
¿A do exército?... Home, o cousa xa nin da para rire...
1 comentario:
hi
can anyone help me
i have tried for over a week now to get a loan,i have very bad credit history mainly due to a failed marrage ,i have had all the usual ,wh loans,advantage loans ,yes loans ,get in touch and promise a [url=http://www.usainstantpayday.com]bad credit loans[/url] on paying the brokerage fee,i am reluctant due to reviews on the net and i have been stung before by a company called wentorth finance ,and never got the loan of the 50 pound fee back,
i have had an offer from flm but need a gaurantor which isnt really an option either .
i wondered if anyone had any loan companys that considered bad credit ,but loaned direct without these numerous sites with different alias but mainly did same thing pay us and we will get u loan (maybe)senario
has anyone also heard of a company called fresh loans they have they sent me details out but the may be a charge but not always ,i suspect she didnt want to tell me there was a charge
thanks
negeflevy
Publicar un comentario