12/1/10

A Güiana e Martinica decántanse polo 'non' no referendo autonomista

(traductor gallego-español)

"Os dous territorios, sumidos nunha grave crise social e económica, permanecerán como departamentos de ultramar de Francia.

Os electores dos departamentos franceses de Martinica e da Güiana, no Caribe, votaron en contra dun novo estatus xurídico que lles permitiría gozar dunha maior autonomía. Xa que logo, manterán un réxime equivalente ás rexións metropolitanas de Francia, concretamente ficarán como départements d'outre-mer (DOM), rexidos polo artigo 73 da Constitución.

Segundo os resultados oficiais divulgados na noite do domingo, a resposta foi inapelábel tanto en Martinica (un 78,9% dos votantes pronunciouse en contra dun novo estatuto) como na Güiana (69,8%), con participacións do 55,35% e do 48,16%, respectivamente. (...)

Cómpre salientar que a votación se produce logo dun ano, o 2009, en que as Antillas francesas estiveron sumidas nunha grave crise social, con taxas de paro que afectan máis da cuarta parte da poboación activa, en particular na illa de Guadalupe, onde ademais houbo violentos disturbios.

Segundo apunta a axencia de noticias Agence France-Presse, os habitantes dos dous departamentos votaron co medo a que o Estatuto que as igualaría xuridicamente coa Polinesia e Nova Caledonia -collectivités d'outre-mer (COM), rexidas polo artigo 74 da Constitución-, provocaría que as súas economías -entre as máis pobres da República- fosen aínda a peor." (Vieiros, 11/01/2010)

No hay comentarios: