Cometarios a la noticia aparecida en Vieiros, 15/10/2009: "Non é bilingüísmo, senón monolingüsmo harmónico o que algúns defenden"
#25 hai 2 horas e 57 minutos pitiriti
Para o "Rai": traballo da Admon. Pública, e fai uns días achegouse un administrado andaluz que sen mediar máis me advirtíu que ou ben lle falaba "en español" ou se levantaba e marchaba. Respondinlle cortesmente que o "español" non existe, que ao máis podería falarlle en castelán, e que tamén podía falarlle en inglés, francés, portugué, e, se me apuraba, ata en catalán mal falado(como podes ver aquí si hai quen sabe máis linguas),o problema soe ser ao inverso, cando son eu quen amablemente pide que se me fale galego, teño oído como me din na cara " Qué pasa, non entiendes el castellano?". Parece ser que a harmonía lingüistica non corre en ambas direccións, os que falamos galego tivemos que gañarnos a pulso o "privilexio" de poder facelo, eles permítennos a "gracia" de que falemos entre nós o que queiramos sempre e cando respectemos os seus delicados oídos da nosa burda lingua, ao tempo que os casteláns falantes parecen ter bula papal e permiso divino para falar caselán, onde, cando, como e ante quen lles saia do carallo 29 falando mal, e esta situación, amigos meus, xa me empezando a cheirar a podre.
#25pitirit, vaia, agora imos darlle creto aos maleducados... o insulto como medida ideolóxica...
En Cataluña fanse campañas pra convencer a xente de facer o mismo co andaluz... que cando algún galego chegue a unha ventanilla, ou fala en catalán (e lee contratos en catalán, e se non entende, pois...) ou que se vaia...
E estanche tan contentos... eiqui polo menos, inda non pagamos aos maleducados...
¡Y conto molestalle ao Quim Monzó, cando unha camareira (galega, andaluza) rspostalle en castelán ¡Uf! Periga Cataluña, ou periga a súa superioridade social, cando o de abaixo respostalle.
Por riba de maleducado, señorito... vanche unidas esas cousas.
E eiquí ¿imos facer o mismiño cos "inmigrantes", o que fan con nos en Cataluña?
Enlace a la camarera gorda y charnega:
http://nacionalismodeandarporc...
E, por certo, ese andaluz "vive e traballa" en Galicia... polo tanto, é tan galego cama ti... partindo deso, igual que a camareira charnega e gorda, é tan catalana como o Quim Monzó...
E tamén, por certo, en Ferrol falo en castelán, falo en ferrolán (o noso galego)... según con quen fale... e como somos moi educados, en Ferrol non temos eses problemas, os do Quim...
Custión de cidadanía...
Raimundo dixo...."E, por certo, ese andaluz "vive e traballa" en Galicia... polo tanto, é tan galego cama ti..."
...Entón...estimado Raimundo... Se eu fose a traballar a Xapón e a vivir a Xapón sería Xaponés???
Con isto quero dicir que unha persoa viva e traballe na Galiza non significa en absoluto que sexa galega.
que é ser galego? pois cada un opinará o seu...
pero dende logo o primeiro signo de identidade e a fala, e a fala paspán do carallo e de quen a traballa, de quen a usa...non dos payasos que van dicindo por ahi YO SOY GALLEGO¡¡¡
ala... que che medre....
o sentidiño
Se ti levaras tempo vivindo e traballando en Xapón ou en Suecia) e pagaras alí os teus impostos, e xa votaras alí... serías xaponesa, inda que só falaras inglés.
Porque a primeira sinal de identidade é pisar o chan de Galicia, traballar e contribuir o finanzamenteo da sanidade e do ensino público.
Todolos que viven e traballan en Galicia, y pagan os seus impostos eiqui (os mariñeiros peruanos, os polacos, os andaluces) son cidadáns galegos ¿que van ser? ¿traballadores invitados, como chamabannos os alemáns?
E os de Ferrol decimos "YO SOY GALLEGO" y tan panchos... y dino tamén outro millón de galegos castelánfalantes, os das cidades... ¿ou imos ter que pagar os impostos en Madrid? Pois non, tan galegos como os de "EU SONCHE GALEGO"...
E aparte están os paspán, os de sempre... os que só saben copiar os eslóganes dos fascistas vascos e cataláns... ese só soche fascistas...
Os que nesta terra de emigrantes, neganlle o dereito a cidadanía aos inmigrantes... dende logo, se Castelao vivise...
#38 hai 6 horas e 8 minutos pitiriti
Por alusión:#28 ese andaluz estaba aqui de paso, quería facernos unha consulta de turismo que nin sequera lle tiñamos que respostar nós, senón o concello, e, para ser galego coma min, hai que:
-querer a GAlicia,
-falar galego
nin traballar aqui nin vivir aquí che dan a categoría de galego, teño un montón de exemplos de xente que vive e traballa aquí, pero no fondo, non é galega, e pola contra, teño outro montón de exemplos de xente que vive fóra pero si é galega, pillas a diferencia????
#38 pitiriti, se daslle un trato de matón a un turista eres un maleducado e un matón de catro estalos... Se viña a Santiago ese andaluz haberá aprendido moito do fascismo... e se en Santiago trataran así so turismo, Galicia seria a cuna do fascismo...
Graicas a dios, en Santiago tratan as persoas cos dignidade que merecemos todos, menos os matóns.
E os que están fora de Galicia, sí, pero non contribuen a sanidade e a escola publica galega... como fan outros arxentinos, que inda que non falan galego, son galegos... como Castelao recoñecería
¿E como pensa que trataría Castelao a ese andaluz, ou a un arxentino que vira a Galicia? Debería darte vergoña... A Castelao, dariallea...
1 comentario:
whatsapp gb
https://gbwhatsapp.mobi
Publicar un comentario