15/5/09

Selecciones autonómicas de fútbol, versus ligas autonómicas de fútbol

"O himno non gustou, e poucos o seguiron con respecto. Por que? Pois porque moitos identifican ese momento cos atrancos que se poñen ás seleccións que, no caso dos vascos, son demandadas maioritariamente por parte dos xogadores; porque se interpreta que eles, os do Athletic e os do Barça, só son españois cando interesa. O resto do tempo son polacos, catalufos, etarras ou putosvascos, como lles cantan domingo tras domingo no Bernabeu." (Dani Álvarez: Erro humano. Vieiros, 15/05/2009)

#2 hai 6 horas e 52 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Imos ver, Unha selección --> Unha Liga

Exemplo: Escocia: Unha selección de fútbol escocesa --> Unha (pobre) Liga escocesa.

Ouseña: Selección catalana de fútbol --> Liga de fútbol catalana (Barça-Español // Español-Tarragona... e así (ver enlace ao final)

Selección galega --> Liga galega (Racing, Viveiro, Fabril, Pontevedra...)

Gañas de nonclarificar. Típico do feixismo.

(Ultimamente o Cordal anda polas barranqueiras dialecticas catalanas... en fin)

Outra cousa é que a censura criminal da TVE non permitise que un millón de demócratas empezaran a barruntar que xa vai sendo hora de independizar a eses feixistaa vascos e cataláns, que só queren quitarnos os cartos aos galegos (¡porque o di o seu estatut!)... unha oportunidade histórica perdida por culpa duns (!e que non sei como alcumalos...! Panda de...

Enlace a liga Escocesa (da que, cada pouco, o Celtic quere sairse... polos cartos):

http://nacionalismodeandarporc...

alveos #3 hai 5 horas e 14 minutos alveos

#2 So un pequeno inciso: Gales ten a sua seleccion, pero Cardiff City, Swansea City e Wrexham xogan en ligas inglesas (Championship os dous primeiros e Blue Square Premier o terceiro).

Raimundo #4 hai 4 horas e 59 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

#3 alveos, ouseña, cada un pode elixir a Liga na que mellor irialle (¿pagando?).

Entón o Barça xogaría na Liga española porque os xogadores gañarían mais... e o mesmo, loxicamente, farían os do Racing.

Pois sí... tanta leria pra quedar xogando nunha liga os ricos, e noutra os pobres...

Eso sí, asubiando nas finais da Copa do Rei, porque como decia o "tranqui", odiase, pero non se pode vivir sin nela... ¡este amor/odio ao cirimonial...!

En fin... por asubiar...

mceleiro #5 hai 4 horas e 44 minutos mceleiro

Hahahaha. Exactamente o mesmo argumento que a mim me deu uma vez um parvo para demonstrar a inviavilidade duma Galiza independente: a Liga. Numa Galiza independente só jogaria Celta contra Dépor.

Como o conceito de confederação de estados, muito presente no mundo pode ser complexo demais para uma pessoa que faz tais razoamentos, acho que o podes compreender com um exemplo mais simples:

- Mónaco é um estado.
- Mónaco tem seleções nacionais, e pode participar nos jogos olímpicos.
- O Mónaco F.C joga na liga francesa, e na Champions, e até lhe crava 8-3 a uma certa equipa "española", com siareiros galegos.

Uma seleção---> uma liga?

Mas Raimundo, convinha que deixasses os teus monólogos, próprios do "Club de la comédia" e lesses tanto o artigo como os comentários antes de fazer o teu. Em primeiro lugar, o artigo é do Dani Álvarez, e não de Xabier Cordal.

Em segundo lugar, do que fala o artigo não é nem da independência de Euskal Herria e os Països Catalans, e os cenários desportivos resultantes quando se produza. Senão de algo muito mais simples: a intolerável CENSURA à que estamos sometidos. do silenciamento até o ridículo da realidade. Da manipulação permanente dos mass-media do teu bem querido reino.

Ah, e cuida que não te levem o dinheiro, mas informa-te bem de quais são os ladrões. Eu acho que do teu peto sai vários milhoes de vezes mais para as obras de Madrid 2012 que para Catalunha. E aseguro-te que para Euskadi e Nafarroa, nem um céntimo. Eles AUTOFINANCIAM-SE, e ainda têm que pagar o "cupo" ao estado espanhol.

Raimundo #6 hai 3 horas e 24 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#5 mceleiro, tamén o Botín "autofinanciase". Todolos ricos fano.

Pero fanse ricos a costa dos pobres. A cidade, a costa do campo, a industria a costa da agricultura... o País Vasco coa a súa fiscalidade pra ricos, a costa de Galicia (e Madrid non, o fiscalidade e a misma).

¿Ou o Botín non loita por tere unhas pensións privadas, que autofinaciaria él soliño... e os demais, cunha seguridade social sen impostos dos ricos.

¿Que diferencia ves ti entre a privatización das pensons que quere os ricos coma Botin e a territorialización das pensions que queren os territorios ricos? Pois eche a mismiña. Os territorios agrícolas quedarían cunhas pensións de merda (Lugo, Ourense)

¿E que xa está ben de rirlle as gracias aos ricos (territorios)?

¡¡Xa está ben de traizoar os intereses dos traballadores galegos!!

E si o Monaco (un paraiso fiscal) xoga na liga francesa sera porque o deixan pero o Celtic de Glasgow ¿lembras o bó que era?

Pois dende que só choga na liga escocesa, perdeu moito... diñeiro pra fichar... e quere ir a liga inglesa ¿a dos ricos?

E si señor, confundin o Cordal co Dani. Sera que me teñen os dous alporizado

Sr_J #7 hai 2 horas e 50 minutos Sr_J

#6: Raimundo, neste tema não tes nadinha de razão. O teu aforismo "Unha selección --> Unha Liga" é FALSO... já sei que che gustaria que fosse assi: 1 seleçao = 1 liga = 1 estado = 1 nação = 1 língua... pois não, meu. Já che tenhem comentado o exemplo do Monaco, mas hai mais casos (as equipas galesas jogam competições "inglesas", p.ex.), e não só no futebol. No baloncesto, por exemplo, os países da ex-Iugoeslávia (todos com seleçãos nacionais) integram a Liga Adriática. Tenhem competições domésticas, mas as melhores equipas de cada uma (Partizan, Cibona, etc) jogam a maiores, durante média tempada, esta liga de âmbito iugoeslavo. No báltico passa algo similar.

E sobre o caso do futebol escocês: o Celtic de Glasgow, assi como o Rangers, jogam a liga escocesa e não a Premier... porque lhes peta, e não porque não lhes deixem. Alguma que outra vez tem-se especulado com que se cambiem para a Premier, por isso de que hai mais nivel e mais cartos. Mas ate o de agora sempre o rejeitárom, e acho que os seus siareiros prefirem ficar como estão: com uma emocionante liga escocesa onde a rivalidade Celtic-Rangers para levar o título chega a cotas altíssimas cada ano, em vez de vê-los competir por jogar a UEFA como passaria previsivelmente se se mudassem para a Premier.

Por certo, quando dis "o Celtic de Glasgow, lembras o bom que era?" entnedo que estás a sugerir que o Celtic tivo um glorioso passado, mas hoje em dia não pode reverdecer esses êxitos por estar limitado a uma competição cativa como a liga escocesa. Bom, não é exactamente assi: todos temos na cabeça que o Celtic ganhou uma copa de Europa nos '60, certo. Mas foi o único que fixo... tampouco é moi significativo! E hai uns poucos anos chegou à final da UEFA, assi que segue a ser competitivo nos tempos modernos.

De todos jeitos, ainda que essas duas equipas decidissem unir-se à liga "inglesa", seguiria a existir a liga escocesa, e por suposto a sua seleção! São cousas diferentes.

Não haveria nengum problema em que as seleções galega, vasca, catalã... jogassem competições internacionais e que ao mesmo tempo algumas das suas equipas jogassem na LFP. Ou mesmo, por que não? numa liga ibérica, onde também estivessem Porto, Benfica ou Sporting de Lisboa.

alveos #8 hai 1 hora e 58 minutos alveos

#4 #6 Non te alporices, meu, que non ha ser para tanto.

Home, eu tampouco creo que á LFP lle interesase moito que os equipos vascos e cataláns se fosen xoga-las súas ligas (inda que sería ben interesante ver a reacción dos vascos especialmente se tivesen, coma os portugueses, dúas prazas de acceso á Champions...). Unha liga sen 'el clásico' perdería moitos ingresos externos (xa que te empeñas en resalta-los intereses económicos).

Tampouco creo que ninguén xogue a liga que lle apeteza. Descoñezo os motivos polos que os equipos galeses xogan en Inglaterra, pero é só un dos múltiples exemplos que hai (dende os equipos canadianos na NBA até o Andorra CF na terceira española, grupo XVII). Para uns será por motivos económicos, para outros igual non.

Por certo, a liga dos ricos xa existe, chámase UEFA Champions League e algúns dos seus 'líderes' quérena transformar na NBA europea do fútbol.
http://www.elmundo.es/elmundod...

A min persoalmente tampouco me importaría ver ao meu celtiña xogando a liga galega, de feito, cada día está máis preto...

Saúdos dende o país dos ricos.

Maeloc-do-Rouco #9 hai 1 hora e 38 minutos Maeloc-do-Rouco

O que fica clarinho e que ao sr Raimundo nom lhe interessam arguementos, ja que cando os ha par rebater as suas espanholissimas tesses (esse e e o seu fio condutor, a defessa do castelhano e das essencias nacionais do estado borbonico, utlizando cinicamente a caussa dos trabalhadores e do localismo ferrolam etc etc...cumha desvergonha que so fica espida diante da sua negativa a debater com seriedade e dados) olha pra outra beira e ouvea ao vento a sua intolerancia...Jaora que ha ligas e seleccons com equipes doutra sligas, e mais projectos de ligas internacionais etc etc...que sim homem que sim, que sempre falas por nom te ponher um sapato com a badeira rojigualda na boca

Sr_J #10 hai 16 minutos Sr_J

#1: Pois curiosamente, nos Depor-Celta e nos Celta-Depor também é frequente escuitar a cada afeição berrar-lhe à outra: "não são galegos, são filhos de puta!". Evidentemente não se di a sério, ninguma das duas afeições nega a galeguidade da outra (seja turca ou portuguesa), mas... nas bancadas berra-se qualquer cousa que poda foder ao contrário, é a guerra! Não tem as mesmas connotações que no caso Espanha vs Catalunya, porque aqui todos nos sentimos galegos, mas como curiosidade, aí está.

Raimundo #11 hai 1 minuto Raimundo

#7 sj, #8 alveos, #9 maelocdorouco... coma alveos non che sei o porque das excepcions (o do Monaco, o de Andorra, os cartos, supoño. Non sei).


O certo é que o exemplo escoces eche a norma: ouseña, un territorio --> unha --> unha selección (senon, nolo farían).

Por lóxica é así. Logo está o diñeiro. A constante tentación do Celtic, que non pode fichar a quen queira, senon a quen pode (para entrar nas ligas dos ricos, coma di alveos)

¿Non queren os nacionalistas o territorio coma a demarcación básica? Mesmo pra os impostos... aceptase que un territorio vasco --> unha financiación vasca. Pero no fútbol non. Home...

Non vou leerme as cousas da FIFA, da UEFA ou do Comité Olimpico. Digo que hai que ser consecuente. Ata hoxe unha liga --> unha selección (ou son parvos os escoceses)

O que pasa é que se se fan as cousas como hasta agora, se fas unha liga catalana --> seleccion catalana (y te rondaré, morena), podes acabar na ruina, sen cartos pra os cracks. Entón pra ocultar esa debilidad... publicidad... e asubíos...

Porque non hai o que se ten que ter... o que teñen os do Celtic... nacionalismo...

No hay comentarios: