24/3/09

El insulto... inconsciente de Camilo Nogueira

(traductor gallego-español)

"En Burela todos os nenos falan galego. Fano os fillos dos habitantes de sempre e tamén os meniños cabo-verdianos e os rapaces e raparigas peruanos, asturianos, vallisoletanos e doutras partes que chegaron para traballar no mar, na industria ou nos servizos. (...)

Mais hai excepcións: algúns dos que procedían de certas cidades galegas tenderon a manter a diferenza que aprenderan, usando o castelán e virándolle as costas aos seus amigos galego falantes. Estes dominan dúas linguas e os outros, culturalmente empobrecidos, apenas unha." (Camilo Nogueira: Contra a desertización. Vieiros, 24/03/2009)

#6 hai 9 horas e 16 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

Se o modelo Burela fora a proposta do bipartito, hoxe as cousas non estarían coma están.


E que o modelo Burela (falar inglés, español e galego dende pequeniños) non ten volta. Se o PP é intelixente, pode privilexialo, pra chegar a ser mellor nacionalista cos nacionalistas. Cousas veredes...

Porque o modelo Burela non e multar aos comerciantes para que cambien os seus rotuliños ao galego (se a tenda chámase "La niña bonita", pois a rotulala coma "A nena bonitiña"). Non, o galego non se aprende con multas.

Porque o modelo de Burela non é insultar aos que non queren falar galego. Porque non lles peta. Coma insulta o Camilo.

Se un traballador ferrolán (castelán falante de toda a vida), ou un señorito coruñés (castelán falante de toda a vida), segue falando o castelán en Burela, e porque ese traballador, ou ese señorito, é respetado (nótese que o traballador e ferrolán, e o señorito... coruñés)

O un inmigrante peruano, que segue a falar... peruano.

A xente que non ten medo, os traballadores burelenses, non insultan. Respetan. A educación dos traballadores.

Os insultas deixanlos pra os da Mesa, pra os señoritos pequeno-burgueses nacionalistas, os dal multas, os dos insultos.

O Camilo nolo é (un pequenoburgués) mais o parece neste articulo tan fermoso. Se non fora... unha mágoa.

Menos mal que nos queda Burela

#7 hai 8 horas e 17 minutos maragota

Mira Raimundo, ti non estiveches en Burela na vida, así que segue na túa liña, falando de Ferrol e do teu ferrolán, porque, síntoo moito, mais BURELA QUÉDACHE GRANDE.

#9 hai 7 horas e 33 minutos Raimundo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#7, maragota, Burela quédalle grande a todo o mundo, porque fixeron o que non fixo ninguén... incluso ao Camilo ¡unha mágoa!

Fixeron o que fan os traballadores, apañar o que estoupan os señoritos. O galego neste caso.

Porque non estamos a falar do ferrolán. Estamos a falar da esperanza pra o galego. E o Plan Burela trae unha pouca... case a única a vista.

Pero vou por Burela dende neno. ¡Home! Mais a Ortigueira, pero algunha tardiña paso por alá. E tamén para Asturias ¡Que urbanismo manteñen os asturianos! Pasas de Ribadeo, e entras noutro mundo... mellor.

Nese tamén Burela e Foz, en fin... pero a esperanza pra o galego a teñen eles... sós...

maragota #10 hai 7 horas e 13 minutos maragota

#9: Raimundo, onde están os insultos do artigo? Só di que os únicos que non falan galego, que só falan castelán, están culturalmente empobrecidos. E é unha gran verdade e, sentíndoo moito, mais teño que dicir que o teu galego perrecheiro (tamén coñecido como "ferrolán" na casa de Raimundo) é unha pobreza e de feito cada vez castrapeas máis.

Explícame, segundo a túa teoría, os traballadores de Vigo afincados en Burela manteñen o castelán porque foron respectados. Entón, por que os caboverdianos e os vallisoletanos falan galego? Recibirían o mesmo trato que os traballadores das cidades galegas.

#12 hai 1 hora e 4 minutos Raimundo

#10, maragota, "culturalmente empobrecidos", ou seña, iñorantes, que non saben nada, quén se pode fiar deles...

Insulto aos traballadores ¿de Ferrol, Coruña?... ¡Que non, oh! ¿Pero que dis?

Pois e o mismiño que din os señoritingos do Náutico de Vigo cando vocean que os traballadores galego-falantes deberían dirixirse a eles, os xefes, en castelán, porque... xa se sabe... pobriños... estánche 'culturalmente empobrecidos'... e así aprenderían un pouquiño de castelán, o idiomas da cultura dos xefes...

¿Daste conta do alcume agora? Pois se unha enorme intelixencia coma a de Camilo (ninguén podea negar)non se da conta do insulto... xa me dirás...

Non vos dades de conta, non, dámonos só os de Ferrol, que en coñecemento do feixismom temos matrícula de honor... pensaba que Camilo tamén, pero... unha pena de artículo... polos insultos... polo feixismo inconsciente...

Menos mal que a defensa do galego está nas mans dos traballadores bureláns. Unha defensa perfeitamente consciente...

O raro de Burela é que os ricos tamén falan galego, sen complexos. Será que moitos sairon do mar, dunha cultura moi forte... será...

E sen complexos montan o único plan que pode salvar ao galego nas cidades, que sae dunha vila sen complexos, sen insultos, sen feixismos inconscientes.

Todo consciente... traballando... en Burela.. pra Galicia ¡se o Camilo os axudara! E se deixara de inconsciencias...

Raimundo #13 hai 56 minutos Raimundo

#9, maragota, os caboverdianos falaran un portuños, cada vez mais galiguizado, os vallisoletanos falarán un portuñol cada vez mais españolizado, e os do pobo, galego-galego. O normal.

E os traballadores castelán-falantes ferroláns, vigueses, coruñeses... falanrán en ferrolán, en castrapo ou en castelán.

No que lles pete. Porque en Burela fales o que fales, non tes risco que sere un cidadán de segunda, coma os de Cornellá en Cataluña, os de Alicante en Valencia, os de Alava no País Vasco, os de Ferrol castelán-falantes, en Galicia...

Todo o mundo fala... con todos... sen descriminacións... o futuro...

Un respeuto...

Gelo #14 hai 45 minutos Gelo

#12 "Non vos dades de conta, non, dámonos só os de Ferrol, que en coñecemento do feixismom temos matrícula de honor..."

Raimundo, vives num eterno 72... imaginário.

Raimundo #15 hai 12 minutos Raimundo

#14, gelo, estamos falando de feixismo... inconciente... pero real... non imaxinario. Por desgraza.

Que se escapa nas verbas dun fermoso artículo... inconcientemente.

A unha persoa de gran valía persoal e política, coma é o Camilo Nogueira. Hoxe...

Falando do futuro do galego, no que non caben os traballadores ferroláns, vigueses ou coruñeses castelán-falantes.

O futuro do modelo do nacionalismo dos ricos, do modelo imitador do catalán, o modelo que nestas elección fracasou...

Pra desgraza da Galicia real, de Burela, non da imaxinaria dos irmandiños...

No hay comentarios: