"Entrados nestes tempos do século, somos sabidos de que a dicotomía nacionalismo étnico-nacionalismo cívico só serve para agochar a posición de dominio que o Estado-nación ou o nacionalismo opresor exerce sobre os nacionalismos periféricos que pretenden a emancipación. (...)
A pretendida diverxencia entre un nacionalismo de base política e outro de base cultural fai parte dun mito elaborado co gallo de diferenciar nacionalismos bós e respectábeis doutros maos e desprezábeis, onde os nacionalismos opresores e os Estados-nacións constituídos, algúns con vocación de destino no universal, farían parte do primeiro grupo. (...)
No caso do Estado español a aparente normalidade e impunidade coa que se presenta a imposición uninacional procura disimular a existencia dun nacionalismo español estatalista, de marcado carácter agresivo e etnicista. Esta é unha realidade tan evidente que se fai incuestionábel. (...)
Mais gostaría de subliñar como a norma fundamental do Estado, a Constitución española de 1978... A Constitución está fundamentada nunha concepción étnica de nación, previa á mesma, que impide a manifestación de vontade cidadá sobre o modelo territorial e de convivencia, sacralizando a unidade e a indivisibilidade." (Henrique del Bosque: etnicistas! Quén, nós? Vieiros, 16/02/2009)
Pois parece que a actualidade (e a historia) dí o contrario que o Henrique. Etnicistas... e feixistas.
O nacionalismo é feixismo, como pode verse hoxe en Bolivia, o santacruceño. En Flandes, o flamenco, en España, o vasco (o dos curas)...
Nacionalismo: privilexios dun territorio sobre os outros. De Santa Cruz en Bolivia, do País Vasco en España... matando.
(En Bolivia impediuno o Lula. En España a gran industria vasca financia aos asesiños cos seus “impostos revolucionarios”... mentras teñan privilexios fiscais)
Os santacruceños loitan pola súa “autonomía” pra quedarse co petróleo, contra a constitución “centralista” de Evo Morales (na que todos sonche iguais), para non repartir, para sere sempre os ricos.
O nacionalismo español é o franquismo. O dos industriais vascos e cataláns, a da Banca March, os que lle deron os cartos pra pagar aos asesiños franquistas. Pra sere sempre os ricos. Sen repartir.
Hoxe, os mesmos, queren o mesmo cos seus estatutos. Queren deixar a Galicia sempre tercermundista. Cos seus privilexios. Gracias a Citröen e Zara, que senón, teríanlo conseguido... eses feixistas nacionalistas.
Solución: constitución (a da Revolución Francesa). A de Evo Morales. A de España, quitándolle os privilexios vasco-navarros.
Todos libres e iguais. En tódolos territorios españois, europeos, en tódolos territorios de Sudamérica... no mundo.
É que o nacionalismo pode ser fascista ou non, pode ser de dereitas ou de equerdas ou incluso pode tratar de ocultarse baixo un eslogan cosmopailán. Evo Morales é nacionalista, claro que é. Aquí a prensa española está a prol da roptura de Bolivia e da unidade de España, da independencia de Eslovenia ou do Tibet, pero sempre a favor da unidade de España, a prol (antes da guerra) da independencia do Kurdistán iraquí, pero non o kurdistán turco, etc. E nesta actitude non hai nada incoherente co nacionalismo español de dereitas que defenden.
#6 hai 15 horas e 53 minutos Raimundo#5 Bertus, Evo Morales defende un estado "centralista", dono de petróleo, dono dos seus rendementos, pra repartir entre tódolos bolivianos.
Santa Cruz é "autonomista". Porque quere quedarse co 80% do diñeiro do petróleo (mais ou menos). Ou senón, independencia. Mesmo chamando aos americanos. É independentista, é feixista.
Evo é centralista, e demócrata (=cada un según as súas necesidades). Non é indepedentista.
O mesmo conto aplícase aos privilexios dos flamencos (os ricos, os independentistas, os feixistas), en contra dos valons (os pobres). Ou os dos vasco-navarros (e pronto, cataláns), contra os intereses galegos.
Temos unha liña que sae dun TERRITORIO RICACHON, pasa por PRIVILEXIOS ESTATUTARIOS, e chega a INDEPENDENCIA, sen sair do FEIXISMO (dos ricos).
Os exemplos non deixan duda. Pasa ao revés do que di o Henrique no seu artículo. O nacionalismo dos territorios ricos é feixismo. Estáche claro. E se non, podemos falar coa embaixada boliviana, a ver que dín.
"Evo é centralista, e demócrata (=cada un según as súas necesidades). Non é indepedentista"
Buff demócrata de toda a vida, aprobando asembleas onde non estaba acordado que se formaran, e co eército prohibindo que entraran...
As cousas non son branco e negro, Bolivia é una país pequeno, pero cunha xeografía de carallo, e supoño que por ise motivo, e por as grandes diferenzas entre indíxenas e criollos...
En fin, algo estaá a facer mal condo a metade da poboación non o pode ver, e goberna dun xeito déspota, aínda cas súas intencións sexan as mellores, que non o dubido, pero por aí non vai a ningures, ten que contar co resto da poboación, e os criollos teñen que entender aos indíxenas, pero tal como están as cousas se un día se independizan os autonomistas e son apoiados, a verdade e que é culpa de Evo por non saber dialogar, nin ceder e ter man esquerda ao mesmo tempo.
#7 Supermarico, a situación boliviana é de guerra civil. E moita culpa tena o Evo. Dacordo. Pero eu fíxome, a prol do artículo, nun aspecto.
O artículo ven decire que nacionalismo (autonomismo/independentismo)=democracia. Centralismo(español=feixismo.
En contra do que dí o artículo, en Bolivia (e no País Vasco) sonche os ricos os independentistas, os que queren arramblar co petróleo só pra eles. Ouseña, na realidade, autonomismo/independentismo=feixismo.
E sonche os pobres, os indios do altiplano, os que queren unha constitución centralista. Demócratas=centralistas (xa pasaba na Revolución Francesa).
Raimundo
Todos libres e iguais. En tódolos territorios españois, europeos, en tódolos territorios de Sudamérica... no mundo.
Raimundo, raimundo... deste comentario de buenismo tipo Zapatero, só podo concluir o teu autoodio á cultura galega. Un pobo como o galego con miles de anos de historia seguirá loitando pola súa supervivencia incluso con indesexabeis coma tí dentro. Tes un problema, pero non botes enriba dos demáis o teu problema. O teu autoodio só se cura con máis coñecimento da túa propia cultura.
#9 alpabarda, ¿autoodio?
Se fora boliviano e quixera que o diñeiro do pretróleo remediase as necesidades de tódolos boliviano ¿autoodiaríame?. Se loitase contra as autonomías/independentistas dos ricos que queren apandar con todo ¿autoodiaríame?
Se penso que os privilexios forais vascos impiden que os impostos da gran industria radicada alí...
(E capitalizada polas remesas dos inmigrantes galegos e andaluces... de Alemania, Francia, México..., e tamén polo traballo a destajo dos obreiros galegos, extremeños...)
...chegue a todolos traballadores de España (porque todos eles a fixeron posible) ¿autoodíome? ¿quen quere olvidar os méritos dos nosos emigrantes? Eu non, enorgullécenme...
Ao revés, alpabarda, xustiño ao revés...
No hay comentarios:
Publicar un comentario