8/7/09

Nación, sentido de pertenencia y Seguridad Social

(traductor gallego-español)

Heitor Picallo: A nacionalidade sen nome. Vieiros, 04/07/2009

#4 hai 3 dias OBSERVADOR

Já veio o Raimundo dar a nota.

As fronteiras estaduais não coincidem com as fronteiras nacionais, ainda que alguns gostavam de que coincidissem... mas não.

Por outra parte, essa resposta do Raimundo põe em evidência um facto: o autor do artigo não tem claro a que nação pertence. Se pertence à nação galega, por que segue as normas da nação espaÑola?

#8 hai 3 dias Raimundo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo] Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#4 Observador, eu sigo as normas da nación española cando estou enfermo e vou ao hospital... cando fago un curso de formación pagado por Europa, cando cobre unha pensión ¿pareche pouca nación? A do estado de benestar. A de todos...


O outro ¿Non parechete unha ensalada de nomes, siglas e conceutos xeográficos mixturados? A min, sí...

#7 hai 3 dias iamesa [Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Raimundo... Penso eu que falas sen saber... Se non saltas co Modelo Burela (do que non tes nin idea, eu son de Burela e asegúroche que non), saltas coa imposición, e se non, saltas con que a única nación do Estado é España razoando con argumentos políticos en lugar de culturais, que son os que constitúen as nacións... Se Galiza fose igual que Murcia, Castelao nunca diría que somos nación... Díxoo porque o somos.

#9 hai 3 dias Raimundo [Valora este comentario Positivo -5 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#7 iamesa, unha nación definese por conceutos políticos... hoxendía o estado do benestar e a nación... o estado... o que queiras... fora del... non tes nada...


Nos temas dos que se fala en Vieiros, trato de falar do importante... e na educación, hoxe, na lingua, na política lingúística, o modelo Burela (un grandísimo feito cultural) pode ser a salvación do galego... eu no vexo outra...

Os de Cartagena tamén quixeron ser nación na Primeira República (a Federal)... e supoño que darían moras de argumentos culturais... os que sempre danse cando os argumentos politicos (igualdade entre todos, sen discriminacións por lingua, raza... etc) poñeo dificil...

E Castelao no coñeceu o estado do benestar... pero Piñeiro albiscouno... e o mellor por iso, separou a cultura galega dos caciques políticos do seu tempo...

#38 hai 2 horas e 32 minutos pitiriti

Dicía nun artigo Xosé Luis Barreiro Rivas ( que non é especialmente nacionalista)que o que lle facía falla a Galicia era ter unhas institucións fortes e autónomas e logo, daba igual que lle chamasen nacinalidade, nazón, autonomía ou reino de taifa. Non vou a entrar neste debate, porque xa nos alongamos bastante con iso, pero quero responder a Raimundo:
-eu teño DNI e pasaporte español (agora xa de cor burdeos, europeo)
-pago impostos ao estado de España, teño carta de seguridade social, porén, esto non fai que me sinta española,non me sinto, non me considero, non o son, e non vou pedir perdón por elo.
A bandeira española non me representa, nin ningún dos seus símbolos, todo o que tenten que simbolice ao estado unitario español non me da nin frío nin calor,
-o certo, é que existe Galiza, existe Extremadura, Calatunya, Euskadi, Aragón, Asturias.... pero non existe España,nin física nin culturalmente. a España da que falas e da que se creou unha nacionalidade que ti simbolizas nun estado de benestar, foi creada a machete, sen base, a túa España, foi un mal parto, un mal invento. E daquelas chuvias, chegan estas lamas

Raimundo #39 hai 1 hora e 21 minutos Raimundo

#38 pitiriti, a min a Seguridade Social espoñola non me da frio nin calor... as cousas necesarias usanse... sin mais... vou ao hospital, cobrarei unha pension...

E ese estado de benestar foi ¿creado a machete?... foi creado polas remesas dos emigrantes galegos, andaluces... en Alemaña, Francia... polo seu traballo esmagador en Madrid, Barcelona, Bilbao...

Foi creado por Felipe Gonzalez, o heroe destes traballadores...

Se Galicia puidera ter unha Seguridade Social galega... pois poderiase falar de nacionalidad... como non se pode (e menos dentro de vinte anos, coa poblacion mais envellecida de Europa)... non hai nacionalidad galega, a nacionalidade dos pobres é o hospital, as pensións...

Que os ricos, coas suas nacionalidades, queren quitarlles aos galegos, aos andaluces... porque poden ter unha Seguridade Social rica (que se non poideran, morria o conto), e deixarnos aos galego, aos andaluces unha de terceira división... ouseña, roubarlle aos de Lugo as cotizacións que fixeron de mozos, pra non tere que pagarlles as pensións de vellos.

Os sentimentos non curan nin dan pensións. A diferenza "nacional" entre EE. UU e Canadá eche a Seguridade Social canadiana (cando os vellos de Quebec viron que a independencia facia peligrar as súas pensións, votaron por seguir nun Canada unido).

Os pobres só teñen a unión, a que queren rachar as nacionalidades "ricas", só as ricas, mira por donde...

E quedan culturas populares (as dos pobres), a andaluza, a única viva, a galega, morrendo (hoxe se os de Milladoriro comezaran a tocar, non terían público)... a vasca, morta... a catalana... morta pero oficializada (e a andaluza de Cornella, viva e repoluda: Feira de Abril, rumba catalana...).

Pero si ti preguntas ¿nacionalidade ou pensions?... todos contestaranche como os vellos de Quebec... pensións... sen pensións non hai nacionalidade (pero si cultura).

Inda que non den frio nin calor...

Raimundo #40 hai 36 minutos Raimundo

#38 pitiriti, dis que "o certo, é que existe Galiza, existe Extremadura, Calatunya, Euskadi, Aragón, Asturias.... pero non existe España,nin física nin culturalmente"... home, habería que argumentar un poco mais un argumento tan curioso...

O que está fora de lugar é que existe Zaragoza (onde está axente, e unhas terras baldeiras, llamadas Aragón), existe Barcelona (case 4 millons de habitantes, e o resto, llamado Cataluña), existe Coruña-Vigo (chamado tamén Galicia)... Madrid, Valencia, Sevilla...

Con cambiar os nomes, listo... seríache mais real...

#41 hai 2 horas e 33 minutos Maeloc-do-Rouco

Como "charlatan" de feira nom tes prezo Raimundo...Orabem pra falar coms entidinho e arguementos de peso historico, cultural, etc nom tes nem ideia meu...Se les um chisquinho de Historia europeia e da Peninsula Iberica decataras-te que tes moito que aprender e falar menos e ler mais...Que Espanha como ente nacional e umha "entelequia" (a nom ser que se lhe chame a isso ao eixo cultural castelhano-andaluz, o que segundo ti e o mais vivo...vaites!! e o mais oficializado e hegemonico de todos...!!) nom e um arguemnto curioso...e umha reflexom bem racional e assisada com a quem concorda moita gente que e quem de pensar alem do teu raquitico ncionalismo espanhol...Viaxa Raimundo viaxa...Conhece Escozia, Senegal, Gales, Dinamarca, Canarias, Peru, Chiapas, Bretanha...conhece o Mundo raiMundo...nom te auto-limites!! Conhece a Historia, as Linguas...o conhecemento fara-te livre...Tanta imprenssa espanholeira vai-che fazer vomitar...Por certo..Por que e Carod um feixista e Zapatero nom??

Raimundo #42 hai 1 minuto Raimundo

#41 Maelocdorouco, pensas que España é unha entelequia... ¿e qué? ¿Que consecuencias ten pra a xente que sexa ou non sexa unha entelequia? Ningunha...

Pra min España é un estado de benestar, dos mais noviños... ¿ten consecuencias pra a xente que ese estado de benestar medre ou disminúa? Todas... quen o disminúa é un feixista... quen o faga medrar é un demócrata...

E o Carod quere que os galegos e os andaluces teñan un benestar mais cativo co dos cataláns... quere que os pobres loiten contra pobres... logo é un feixista

¿Ou estás dacordo en que os galegos teñamos un estado de benestar cativeiro, porque din os cataláns que teñen ese dereito sobre nos?

E Zapatero coa Ley de Dependencia portouse coma un demócrata... aumentando o benestar da xente... pero agora, parez que está a dar aos feixistad do Carod o diñeiro que tiña que vir a Galicia... entón, protaríase coma un feixista...

A ratos feixista... a ratos, demócrata...

#47 hai 3 horas e 2 minutos tranqui

Vamos a ver Raimundo sen ofuscarse. A idea de España como nación, esta baseada nun longo proceso de homoxeneización, que comeza cos Reis Católicos e podemos rematar coa entrada do primeiro Borbón Felipe V. A pluralidade de relixións, linguas, ordenamentos xurídicos, e institucións, foise substituíndo pola uniformidade e a imposición da de Castela. É lóxico que no na sintan como propia aqueles que temos unha lingua, unha tradición ou unha historia diferente. Houbo ( e hai) tímidos intentos de mudar esa idea de España por outra plural, onde collan todos, e tan español sexa o castelán como o catalán ou o galego, onde os excluídos durante séculos poidan ter voz e a súa historia de exclusión sexa tamén historia de España. Pode que esta reinvención de España que se intentou na II república e na transición produza arrepíos a xente nacionalista, máis o certo é que quen a combateu e segue loitando contra ela son os nacionalistas españois, aqueles para quen España segue a ser unha grande e libre e con seguridade social. Non vos estrañe que todos aqueles que non collemos nela (por moi "grande" que sexa España e a súa seguridade social)reneguemos dela.

Raimundo #48 hai 12 minutos Raimundo

#47 tranqui, a min a idea de nación baseada nos Reis Católicos, no Wilfred el Pilós... pois... non me dí nada ¿Dinllo a alguén? Pra sabelo, preguntalo...

Ouseña... se preguntas por eses Reis ¿quén respostaría?Ninguén... En cambeo, se preguntas pola República...

Se preguntas a xente que houberaslle pasado se houbera gañado a República, inda hoxe, a algúns poñeriaselle a pel de galiña... "¡Non houberan tido que emigrar meus pais!"... "¡Quitarianlle aos meus pais as terras, a tenda, a industria!"...

Inda hoxe, a moita xente importarialle a pregunta, porque a súa vida houbera cambiado se houbera gañado a Republica.

Se houberan perdido os Reis Catolicos... que mais da...

Todos recoñecerían que estaríamos nuha sociedade moi diferente (e ao mellor, mais relixiosa), se houbese gañado a República... pra min mellor, pra un de dereitas, pior...

Todos sentímosnos afectados inda hoxe... estamos marcados pola guerra civil, non polos Reis Católicos... nin xa polo Alfonso XII.

E sentímosnos afectados polo estado do benestar... hoxe é a vertebración das sociedades europeas...

¿Tería sentido preguntarlle a xente se querria unha Galicia con Seguridade Social, ou sen ela?... Pois nolo tería... só a un tolo ocurririaselle tal pregunta... porque a resposta é evidente pra todos... e únánime.

Polo tanto, a SS. é a idea de nación, de estado, do que sexa... a que a xente sinte, non a dos manuais de historia.

Pódese preguntar pola lingua... e a xente ten moitas respostas, "ou si, ou non, ou veta a m...". Sobre a SS. non.

Así que a idea de España como nación ven da II República, e da Seguridade Social dos anos 80...mais aló, a xente dalle igual...

As consecuencias desta idea de nación... se fora realista unha Seguridade Social galega, só galega, que atendera ben dentro de 20 anos a poboación mais envellecida de Europa, a pregunta pola independencia tería sentido...

Como non é así... a pregunta nolo ten ¿Quen vai preguntar iso? Un tolo...

A idea dunha nación galega, independente, non ten sentido. Porque non tería Seguridade, a Social.

Polo idioma, pola cultura podes preguntar o que queiras...e a xente pode querrer amañalas asi ou ausá, pero coas cousas do comer non se xoga... esa é a resposta que da a xente.

Como no Canadá.

#57 hai 17 horas Maeloc-do-Rouco

#45 Maelocdorouco, é curioso que España sexa "unha entelequia nacional"... ¿que vai ser, entón? Polo menos curioso... porque cando eu ando pola rúa ¿non ando por España? Todolo que vexo, o que fago... ¿qué é? ¿Entelequias? Curioso, pois sí... este empecinamento en negare a realidade... sí, curioso..

Raimundo se estas alturas nome s quem de distinguir filoficamente encol de conceitos basicos e que nom es quem de soster umha minima discussom..As ideias de nacom e de estado som-che distintas, a ver secomezamos a ler umhamiguinha e nom anadamos a (metaforicamente) orneiar...Ja cansas, e bem certo que a ignorancia e oussada. Tida realiade nacional e abstracta ate certo ponto (incluida a galega) porque couga em certo jeito em sentimentos de pertenza, mais ha conceitos definidos filosoficamente que nos achegam mais a referencias como as de nacom e de estado..e Espanha nom e umha nacom...e umha suma de varias , ou se queres (se lhe chamas a isso ao feito cultural hegemoico a Peninsula do eixo castelam-andaluz) e mais umha entre varias mais na Peninsula Iberica e no resto de Europa...

Por certo...quem che di a ti que num cocerto europeu basico e mantendo a nossa soberania nom podemos ter umha seguranza social?? Podemo-la partilhar nom so com o resto da Peninsula, senom queo ideial seria partilhar isto a nivel mundial...Ves como unico nacionalista es ti Raimundinho..Pra ti tudo ten que ser Espanha...ainda que seja umha entelequia...sabes o que e isso??

#60 hai 30 minutos Raimundo

#56 Maelocdorouco, pois sí, os conceitos da teoría política son abstractos, o de nación, estado etc... pero a xente non vive de abstraccións.

A xente nace e vive nun lugar, e se vive ben, desenrola o sentido de pertenza nese lugar... e senon vive ben... emigra.

A donde vivir mellor... e desenrola o sentido de pertenza no lugar que vive mellor, porque convenlle...

Polo menos ata certo punto.

Porque os marroquíes, turcos... en Holanda, Francia, Alemaña... son marxinados socialmente, económicamente, na súa relixión, lingua, costumes... o que sempre pasalles aos campesiños nas cidades...

¿Por qué non volven a Morrocos, a Turquía... polo menos os que fixeron cartos co comercio?

Porque en Europa teñen Seguridade Social, mellores escolas... e prefiren a marxinación relixiosa, cultural, política... pero con SS.

Igual cos nosos emigrantes, que retornaron cando as condicións de vida en España melloraron moito.

¿A onde pertecen? A Seguridade Social europea... ao estado de benestar/nación europeo... a concreción dos principios abstractos da teoría política neste sentido de pertenza europeo.

E dende logo, estou por unha caixa única europea, dunha Seguridade Social europea... non partillada entre nacións.

Porque a caixa única (e tamén, a fiscalidade única), e imprescindibel pra que todos paguemos por igual, para ter iguais servizos.

É e sobre esa SS europea, levantar a cidadanía europea e mundial...

O vello soño anarquista, sempre en loita contra os nacionalismo partillantes...

Dacordo.

Novos comentarios:

Comentarios ao artigo de Camilo Nogueira: A propósito do finanzamento autonómico. Vieiros, 07/07/2009)

#8 hai 20 horas Maeloc-do-Rouco

(...) Ao Raimundo dizer-lhe que mais umha vez o que voce propugan e a ignorancia (desconhecer Linguistica, Historia e o conehcemento cultural em geral e pra voce e umha virtude), o preconceito (e da-lhe com os catalans e os bascos culpabeis de tudos os males, verdadeiros artelhadores deste estado de coussas chamado estado espanhol...o centralismo espanhol artelhouse no teu carinho Madrid a vers e aprendes Historia. a comenencia dos senhoritos centralistas madrileiros, dos senhoritos andaluzes foi procurar os eu acomodo e de tal jeito facilitaram a industrializaçom de Euskadi e Catalunha e propiciaram o abandono de Galiza...A razom pode-se remontar ao ilha,ento geografico galego num estado peninsular virado de costas a Portugal, a continuidade peninsular polo occidente atlantico ao contrario que no mediterraneo, ou num Pais Basco vizinhado com a França com tudo o que isso implica...por circuntsnacias bem diverssas das que levaram ao subdesenvolvemento a Andalucia, Extremadura etc..que tinham uns antecedentes historicos, sociais e economicos bem diferentes aos galegos....Por que nom queres pescudar na Historia?? No presente?? No debate reial?? Por que Feijoo e comparado com Carod Rovira no seu feixismo e Zapatero nom?? Sera o teu cego nacionalismo espanhol (de esquerdas de "boquilla" posivelmente, mais nacionalismo descarado)o que che guia nesses calificativos?? Por certo, se tanto gostas da palavra "feixista" (e esta umha palavra ferrola tamem ou outros dos teus milheiros de contradiçons??) lembrarei-che que o sr Millan Astray pronunciou-se em termos semelhantes aos teus cando berrou aquilo de "Muera la cultura!!"...se ao final ja se sabe de que vas Raimundo...Viaxa meu viaxa!! que no mundo ha mais que o teu ridiculo estado espanhol e Galiza pode e deve abrirs-e a esse mundo em igualdade decondiçons e com dignidade...e nom so com extremadura e Andaluzia, tamem com Portugal, Bretanha, Asturies, Euskadi, Dinamarca, Escozia, Irlanda, Cabo Verde, Cnarias, Olanda, Flandes, Cuba, Marrocos, Ctalunha, Alemanha, Italia, Senegal...etc etc...Por que te autolimitas no teu raquitico e fanatico nacionalismo espanhol??

#10 hai 3 horas e 25 minutos Raimundo

#8 Marlocdorouco, unha de historia... o que pasou foi que os traballadores perderon a guerra, porque os industriais cataláns e vascos deronlle a Franco todolo diñeiro que necesitou.

Despois, a fame provocada polos feixistas levou aos campesiños galegos, andaluces, a emigración... a Barcelona, Bilbao, Madrid... (como en China, hoxendía, como sempre en todalas partes)

Explotados polas burguesias vascas, catalanas, madrileñas, alemanas, francesas...

E levantaron o pais, co seu traballo, coas suas remesas (igual que en Ecuador hoxendia, en Marrocos etc.).

Ese traballadores votaron a Felipe González pra que lles dera algo. Deulles un principio de estado do benestar... o nunca visto. O feito fundacional español, do estado, da nación, da cultura, do que queiras... da democracia.

Sen Seguridade Social non hai estado nin nación... digno de tal nome...

E hoxe Montilla quere quitarlles aos de Lugo, agora que son vellos, as pensións que pagaron co seu traballo de mozos, mundo adiante... quere deixarlles un estado de benestar de terceira división, e pra él un de primeira (O Montilla ¡un antigo emigrante! A vítima convertida en verdugo, coma os israelíes ¡cómo somos, meu deus!)

Iso é feixismo... roubarlles aos traballadores de Lugo o conquistado polo seu traballo, co seu "imperialismo catalán" (o imperialista é o que dí que "eu collo o trozo mais grande, e os demais, que agradezan que non levo todo". O demócrata é o que dí "todos de acuerdo a sus necesidades"... por se hai que clarexalo...)

E Zapatero, se o consinte niso... tan feixista coma él. Verémolo este verán, coa financiación... ¿Ou vas defender que Cataluña, porque dino os cataláns, quite cartos a Galicia?

#11 hai 11 horas e 41 minutos Maeloc-do-Rouco

E por suposto pra ti o feixista e catalam ou basco e o democrata e o galego e o andaluz...Por que?? Por que os indices de riqueza PBI duns som maiores que os doutros?? E logo daquela um alsacio e um aquitano seram tamem mais feixistas ca um bretom?? E m dinamarques mais feixista ca um portugues?? A riqueza dumha economia nome o resultado unico do franquismo,s enom que ha umha caterva de circunstancias e antecedentes historicos que tu deliberadamente ignoras (total ou parcialmente, como cando dis que os catalans e os bascos apoiaram a Franco...e logo quem nom o apoiou umha vez que rematou a guerra em territorio peninsular?? Nom fagas rir...como senom houvesse senhoritos andaluzes e caciques galegos mingitando nas miserias do nosso povo...Quem supervissou tudo isto?? O nacionalismoe spanhol..o centralismo castelahno-madrielnhista que segundo ti e o que garante a seguranza social...A seguranza social e um bem cobizado e que compre espalhar a nivel universal...nom so no teu raquitico e miserento nacionalismo espanhol....Quem lhe reouba aos trabalhadores de lugo?? Montilla ou Zapatero?? ou e que nos os luguesses nom podemos crer nas nossas posibilidades e pra comezar decatar-nos de que podemos vivir sem esmolar e que a verdadeira riqueza e a dignidade...que a fim de contas (ainda que tu nom o percevas ou nom o queiras percever) e agarantia de solidariedade entre tudas a sgentes e tudos os povos e nazons da Terra....que falam moitas linguas e que tenhem diversas historias e Historias...ainda que a ti so che interesse ceivar a tua parrafada anti-catalana e anti-basca...O teu nacionalimo nom e so fanatico. E cego e hipocrita...Viaxa alem dos Pirineus e aprende a valorar a cultura e as gentes do mundo...Tanto falar dos trabalhadores de Lugo e de Cordoba e da cultura andaluza de Cornella (e nom e isto xenofobia anticatala??) e ignoras ao resto de povos do mundo...incluido o teu...do que ignoras lingua, cultura e historia

Raimundo #12 hai 1 minuto Raimundo

#11 Maelocdorouco, que "¿quen rouba aos de Lugo, se Montilla ou Zapatero?"... home, pois Montilla, dentro de pouco, e Ibarretxe e Patxi... dende sempre (enlace abaixo sobre o robo que fannos os vascos co Concierto).

Imos ver, Maeloc... ¿Porque haiche pobres e ricos? ¿Porque os vascos sonche ricos e os galegos pobres?

Vexamos... ¿que está a pasar hoxe en China? Que os campesiños do interior, pola fame, emigran as provincias da costa, e alí, traballando 12 horas pola comida, levantaron a industria da exportación.

Dende os portos saen as mercancías, e volve o diñeiro... que non vai pra rematar coa pobreza do interior... non, vai pra os capitalistas, pra os Botín chineses, e as infraestructuras das provincias ricas do litoral.

Do interior siguen emigrando campesiños, pra que asi non suban os salarios en Shanghai.

Pois si aplicas o conto... o que pasou aquí, e en todalas partes... a fame do campesiño galego e andaluz permitiu a industrialización das zonas ricas do país.

Se houbera ganado a República, as cooperativas agrarias galegas e andaluzas, houberan invertido as ganancias en Galicia e Andalucía, con cooperativas de crédito... pero gañaron os capitalistas vascos e cataláns (os que pagaronlle a guerra a Franco. No bando franquista non houbo inflación da moeda... porque os capitalistas deronlle cartos a moreas).

Ademais franco deixoulles aos navarros un mecanismo feixista, carlista, tradicionalista (como quieras chamalo, de antes da Revolución Francesa), polo que eles teñen dereito a non pagar impostos. O Concierto (que lo quitou as vascos por non apoialo, non por ideoloxia. O Concierto é unha idea carlista/tradicionalista/franquista).

A idea é a misma ca do Botín cando dí que os ricos deben poñer o diñeiro nos seus negocios, pra facerse mais ricos, e non nos hospitais dos galegos.

Os vascos (e pronto os cataláns), dino igual... o diñeiro das autonomías ricas son pra invertir nelas, pra que sexan mais ricas, e non pra facerlles hospitais aos galegos...

O mecanismo dos ricos pra facerse mais ricos... a súa lóxica de sempre... a de Botín.

Mira ti... ter que andar explicando a lóxica dos ricos, como os ricos fanse mais ricos, como hay ricos (Botín, os vascos), e pobres (os galegos)... mi madriña...

Porque tí, Maeloc... ¿queres que os hospitais galegos sexan iguais a os vascos? ¿Non? ¿Ou non?

Enlace ao roubo que fannos os vascos co seu Concierto, e hai que mirar pra outro lado, porque ao xulgado non se vai:

http://nacionalismodeandarporc...

1 comentario:

Anónimo dijo...

giu r hxx t, sex. ifx k, erf vjfujh! xquz i gcl lx.