4/2/09

Deporte EN gallego ¿también para los argentinos?

Manifesto polo deporte galego en galego

Cremos no deporte como lugar de encontro e fraternidade.

Iso é o que entendemos que é a nosa lingua: o espazo onde melloramos e onde nos encontramos, o vínculo referencial e colectivo de todas as galegas e todos os galegos; a nosa maneira de estar no mundo e estender a todo ese mundo unha mensaxe de respecto e fraternidade. (...)

Queremos contribuír co noso esforzo no deporte, practicándoo, contándoo, vivíndoo, a un futuro mellor, onde gocemos do noso grande patrimonio vivo, onde podamos contar o esforzo e a superación, o triunfo e os novos retos, vivindo en galego.

Desde este Foro que hoxe comeza a andar, queremos facer un chamamento a todas as persoas que entenden o noso idioma como parte de todas e todos nós, particularmente a todas e todos os deportistas, institucións, entidades e, en xeral, a todas as xentes do deporte, a unírense a este Foro e a desenvolver, na medida das súas posibilidades, accións individuais ou colectivas, que permitan avanzar nese obxectivo, desde a fraternidade dunha Galiza cada vez mellor e nunha sociedade máis xusta e máis humanizada, máis deportiva." (Vieiros, 04/02/2009)

#2 hai 3 horas e 20 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

En Ferrol tamén cremos no deporte coma un lugar de "encontro e fratenidade"... en tódalas linguas.

En galego, en castrapo ferrolán... e en español, un lugar de encontro aquí cos inmigrantes arxentinos, ecuatorianos, que recibiron fraternalmente a os emigrantes galegos nos seus países.

#4 hai 1 hora e 50 minutos fuco-lois

#2, que terán que ver as pitas coas ovellas?. O mellor en Ferrol tedes unhas crencias, como aquel que decía que : "fútbol es fútbol". O deporte afecionado pode que sexa un momento de lecer e fraternidade para a xente. Pero as persoas, a parte de corpo temos alma e esta ten fala.E, a NOSA é o GALEGO. Non hai equidistancia posible, o español é um idioma imposto en GALICIA. Con isto non estou dicindo, dito sexa de paso,que este contra o español. Por que parece que para defender o de ún ten que atacar ao do outro.

Raimundo #5 hai 7 minutos Raimundo

#4 fucolois, en Ferrol o español non é imposto, foi utilizado polos traballadores coma a lingua de cultura. E o castrapo ferrolán, produción propia.

¿E que culpa ten da calquera imposición un inmigrante, se el non impón nada? Cuestión de fraternidade... cos que trataron ben aos nosos emigrantes.

¿E de onde sacas que estou a atacar o galego se defendendo ao arxentinos?

¿Toleas? É cuestión de facer lugares de encontro. Coma di o manifesto. Sen esquencer a ninguen (e menos, en Galicia, aos emigrantes). A súa dignidade, o seu idioma, o de Ferrol.

No hay comentarios: