Comentarios al artículo de Concha Roussía: Carlos Ruiz Rodrígues e Carlos Callón, ou a cobra e o passarinho (Vieiros, 09/11/2009)
#14 hai 22 horas e 13 minutos acarondosil
#11Raimundo:
Non é así ho!
Dis que eran faciliñas de contestar por quen tivese dous dedos de fronte pero moi lonxe para as capacidades do da Mesa.
Pero así non é razoar, Raimundo. Dá a impresión de que falamos de entrevistas distintas. Segundo ti o paxariño foi comido pola serpe. E sabes que non foi así.
Raimundo,
Pero é máis, nin sequera hai por que dar saído de todas as encerronas que che fagan neste tema. Mira cando eses comentaristas de GB andan polos foros ben ves que a súa teima é que lles digas un país democrático no que pase o que pasa aquí. E claro, ninguén llo cita, creo, porque eles seguir seguen preguntando. Pero é que non debemos entrar nese xogo. Somos nós os que temos que decidir o que queremos facer coa nosa lingua e non temos por que mirar o que fan os outros coa súa. O que quero dicir é que aínda que Carlos Callón non dese contestado e se aturullase as preguntas de CLR, que para min non foi así, xa era el o gañador: Callón falaba de defender a lingua galega e o outro de atacala, ou iso parecía.
#14 acarondosil, a preguntiña de elexir entre manifestacións ou eleccións é de libro... e as outras, tamén...
As manifestacións sonche unha pratica democrática... como as eleccións... unha non vai contra a outra... as dúas sirven pra defender os dereitos cando son mancillados...
Sonche dúas formas de defensa, o dereito de manifestación, o de opinión, antes... e despois o mecanismo de votación... no que vese o resultado das loitas mostradas nas manifestacións...
A cuestión é o dereito dun galegofalante a sere entendido polo seu médico en galego... porque vaille nese bon entendemento, a saúde... é un dereito básico.
E o dun castelánfalante, a non sere discriminado pola súa lingua, no acceso aos postos de traballo na administración galega, que paga cos seus impostos.
Iso é o que hai que defender, con manifestacións, con opinións nos medios... os dereitos básicos dos traballadores, alí onde sexan aldraxados...
Pero non con multas aos castelánfalantes, como quere a Mesa... nin aos galegofalantes, como quere o Club Financiero de Vigo. Porque iso non hai quen o defenda... só un fascista.
Raimundo,
para toda a xente galegofalante que anda por aquí ou aínda que non ande, a cuestión vai moito máis alá do "dereito dun galegofalante a ser entendido polo seu médico en galego...". É máis ca iso Raimundo. Non me dou explicado, pero asegúroche que con ese simple detalle que dis ti non satisfai o que eu desexo para a miña lingua. É máis ca iso, Raimundo.
#25 hai 19 horas e 36 minutos Raimundo#23 acarondosil, temos dereitos... a falar a nosa lingua... non a que a falen os demais... a imporllea...
Se queren, a falan... e senon, non...
E todos somos galegos... a cidadanía non ten que ver coa lingua, raza ou relixión... estache por riba delas...
É un dereito... dos que viven e traballan en Galicia...
#23 acarondosil, dis "o que eu desexo para a miña lingua. É máis ca iso, Raimundo"...
Desexos... ben, tentarei entendelos... o desexo de que todos falasemos en armonía, indistintamente, galego ou castelán... supoño...
Desexos, non realidade... porque cada un ten unha lingua nai... a súa... da que non pode sair... (agás os poliglotas)...
Cando calquera de nós quere darse a entender... colle a súa lingua-nai... no médico, no xulgado, no traballo, nas compras maiores...
Non che poden abrigar a cambear de lingua, a falar pior do que poderías falar (no traballo, no médico...), porque nese momento... xa eres un cidadán de segunda... discriminado.
Non se pode impedir coa forza, que a xente se exprese o millor que poida... facelo é fascismo, franquismo... o que sofren os traballadores castelánfalantes cataláns, ou os traballadores galegofalantes...
Os desexos non son realidades, poden ser utopías...
Para facelas realidades... a solución... non vexo outra que o trilingüismo.
Cando os nenos falen dous linguas, e a propia... por exemplo, coa universalización do Plan de Normalización de Burela, os da cidade non van sentir como allea o galego, nin os do campo, o castelán... como en Europa... como nos paises bilingües desenvolvidos...
Hoxe é unha utopía... que os castelánfalantes vaian falar galego... teñen outras cousas nas que pensar... e os galegofalantes, tamén... moitos, no precio do leite... do que non se fala en Vieiros... e que e vital para a supervivencia do galego... ¿ou non?
E se fala dos Callón, ou os cañonazos que lle deu un matón... lástima que non llos diran de verdad, a un dos maiores culpabeis de que se perderan as eleccións... e que do precio do leite soamente falen os leiteiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario